Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta CETREROS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CETREROS. Mostrar todas las entradas

10 de septiembre de 2019

XIX XORNADAS DE CETRERÍA


O Sábado 14 de Setembro, a partir das 11 da mañán, poderemos desfrutar da XIX xornada de Cetrería no Parque de Torrado en Cambados de man da Sociedade Galega de Cetrería, con contidos e actividades para todolos públicos.



13 de septiembre de 2018

VIII XORNADA DE CETRERÍA NO PARQUE DE TORRADO



O parque de Torrado acolle este sábado 15 de setembro a oitava edición da xornada de cetrería, co seguinte programa:
  • 10:30 Recepción de cetreiros
  • 11:00 Mostra de material cetreiro / identificación de aves rapaces / iniciación á cetrería / uso da telemetría na cetrería
  • 17:00 Paseo de placeo de aves de Torrado a Fefiñáns
  • 20:00 Clausura e despedida

15 de septiembre de 2017

VII XORNADA DE CETRERÍA NO PARQUE DE TORRADO ESTE SÁBADO










Mañá sábado, no parque de Torrado, terá lugar a VII xornada de cetreería, co seguinte programa:
10.30 Recepción de cetreiros
11.00 Mostra de material cetreiro/Identificación de aves rapaces/Iniciación á cetrería/ Uso da telemetría na cetrería.
13.00 Nomeamento como Socia Honorífica á Sra. Alcaldesa do Ilmo. Concello de Cambados
17.00 Paseo de placeo de aves de Torrado a Fefiñáns

20.00 Clausura e despedida






9 de septiembre de 2016

VI XORNADAS DE CETRERÍA








VI Xornada de Cetrería que se desenvolverá no parque de Torrado mañásábado. Así mesmo e dentro da citada xornada, a partir das 16:30, na Praza de Fefiñáns, realizaranse exhibicións de voos das aves
O parque de Torrado acolle mañá a sexta edición da súa "Xornada de Cetrería". Os actos empezan ás 10.30 horas, e ás 16.30 haberá unha demostración de voo destas aves na praza de Fefiñáns. Ás 11.30 hai un curso de iniciación á cetrería.






16 de septiembre de 2015

V XORNADAS DE CETRERÍA DE CAMBADOS






V XORNADAS DE CETRERÍA

O próximo domingo 20 de setembro, celebranse en Cambados as V Xornadas de Cetrería no recinto de Pazo Torrado (trasladarase á Nave de Peña se o tempo non acompaña). Durante este evento, farase entrega dun diploma de SOCIO HONORIFICO ao pintor " ABEL BARANDELA" e entrega do cadro  con  Logo da Sociedade ao Concello.

  • Programa das V Xornadas en Cambados: 

    10.30 recepción de cetreiros
    11.00 mostra de material cetreiro
    11.30 curso de iniciación á cetrería
    13.00 entrega de diploma e agasallo ao  Concello.
    17.00 curso de telemetría teórico e práctico
    20.00 clausura e despedida






4 de septiembre de 2014

IV XUNTANZA DE CETREROS EN CAMBADOS






O vindeiro sábado 06 de setembro, a Sociedade Galega de Cetrería organiza a IV Xuntanza de cetreros. Do mesmo xeito que en anteriores edicións, o lugar elixido é o "Pazo de Torrado" situado en Cambados (Pontevedra).

O obxectivo é reunirse, coñecerse, charlar, comer, placear os páxaros...en definitiva, pasalo ben e facer o que gusta con xente que comparte a mesma afección.  


Dicir tamén que o parque estará valado para que poidan pinchar alí as aves e ninguén as moleste,  terán zonas de sol e zonas de sombra.

Os cetreros que acudan cun ave terán aparcamiento reservado a uns 20 metros do parque.
A comida é gratuita para os socios da sociedade galega e terá custo de 3 euros para a súa parella. Para os nenos é gratis.

Os cetreros galegos non socios que desexen comer connosco terán que abonar 10 euros e os cetreros que veñan desde fóra da nosa comunidade poderán asistir de xeito gratuita.

Aquelas persoas interesadas poden poñerse en contacto  a través deste correo gallegadecetreria@hotmail.com ou ben cun WhatsApp ao tlf. 610 42 60 30


MÁIS INFORMACIÓN:cetrería.com