O vindeiro sábado 06 de setembro, a Sociedade Galega de Cetrería organiza a IV Xuntanza de cetreros. Do mesmo xeito que en anteriores edicións, o lugar elixido é o "Pazo de Torrado" situado en Cambados (Pontevedra).
O obxectivo é reunirse, coñecerse, charlar, comer, placear os páxaros...en definitiva, pasalo ben e facer o que gusta con xente que comparte a mesma afección.
Dicir tamén que o parque estará valado para que poidan pinchar alí as aves e ninguén as moleste, terán zonas de sol e zonas de sombra.
Os cetreros que acudan cun ave terán aparcamiento reservado a uns 20 metros do parque.
A comida é gratuita para os socios da sociedade galega e terá custo de 3 euros para a súa parella. Para os nenos é gratis.
Os cetreros galegos non socios que desexen comer connosco terán que abonar 10 euros e os cetreros que veñan desde fóra da nosa comunidade poderán asistir de xeito gratuita.
Aquelas persoas interesadas poden poñerse en contacto a través deste correo gallegadecetreria@hotmail.com ou ben cun WhatsApp ao tlf. 610 42 60 30
MÁIS INFORMACIÓN:cetrería.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.