Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta CERCO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CERCO. Mostrar todas las entradas

27 de febrero de 2017

REUNIÓN ENTRE A XUNTA E A COMISIÓN DO CERCO














A directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, mantivo unha xuntanza coa Comisión sectorial do cerco do Consello Galego de Pesca para avaliar a situación das pesquerías para este ano, entre elas a da sardiña e a anchoa, campañas que empezan o vindeiro 1 de marzo.
En relación á sardiña, o sector e a Administración analizaron a proposta de resolución do Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente para xestionar esta pesquería e chegaron a un acordo para realizar unhas alegacións conxuntas e remitilas ao Ministerio de cara a unha mellora das posibilidades de pesca. Entre as propostas acordadas está a de revisar á alza as cotas de capturas semanais asignadas inicialmente a esta especie - de 3.000 quilos por barco e semana- e tamén os topes mensuais previstos para toda a frota antes do 31 de maio.
Outro tema obxecto desta xuntanza foi a campaña da anchoa no Cantábrico, que está próxima a iniciarse. Neste sentido, a Xunta e o sector analizaron a proposta de resolución da Secretaría General de Pesca do Ministerio e acordou solicitar un incremento da reserva do Total Admisible de Captura para o segundo período, de maneira que en lugar dun 10% quede un 15% de reserva. 

Tamén acordaron solicitar o establecemento dun incremento proporcional dos topes máximos de captura para este segundo período, xa que a que propón o Ministerio é menor con respecto ao primeiro período. Ademais, en aras da defensa da sustentabilidade da anchoa, a Administración e o sector do cerco propoñen establecer uns topes inferiores cando a talla da anchoa sexa moi pequena.
Ademais a Xunta e o sector analizaron a situación da pesquería desta especie, da xarda e do xurelo de cara as reunións que está a realizar a Secretaría General de Pesca co obxectivo de optimizar a xestión das cotas de pesca.






18 de abril de 2016

MÁIS INFORMACIÓN DA PEREGRINACIÓN DO CERCO A COMPOSTELA








Hai uns dias publicamos que AS MULLERES DO CERCO GALEGO, van facer a variante espiritual pola Ruta da Ría de Arosa do Camino de Santiago, os días 13, 14 e 15 de Maio. Prometemos dar máis información e hoxe adiantamos os dias e percorridos programados. 
O motivo desta peregrinación é a de  rogar ao  santo Compostelán que lles abra os ollos e o corazón a este goberno que os deixou á súa sorte nunha loita, na cal, só piden poder traballar para sustentar ás súas familias.....e tamén para agradecer os apoios recibidos.


VENRES DÍA 13: Saída dende a estación de trens de Pontevedra as 12:30 horas, o percorrido rematará no Monasteiro de Armenteira. Despois iremos os lugares destinados a pernoctar.

SÁBADO DÍA 14: Saída dende Armenteira ata Vilanova, onde pasaremola noite. 

DOMINGO DÍA 15: Dende Vilanova colleremos o barco que nos levará ata Puentecesures, e dende alí empezar o último tramo ata Santiago de Compostela.

Desde CORES DE CAMBADOS e a páxina de facebook  MULLERES E HOMES DE SAN CAETANO seguiremos dando toda a información para os que esteades interesados en facer esta fermosa peregrinación.


Para informacion da ruta en Cambados poden ir o Concello e no teléfono  

673533156 para inscricipción o información 8,30h a 14h a partir de mañán 

martes 19 de abril.





14 de abril de 2016

O CERCO GALEGO FARÁ O CAMIÑO DE SANTIAGO








Así como os faros axudan todas as noites a guiar aos nosos mariñeiros, así pedirán a Santiago Apóstolo, que os axude a ver a luz e os leve a bo porto.

Por iso, as mulleres do cerco van realizar unha peregrinación a Santiago de Compostela os próximos días 13, 14 e 15 de Maio, co fin de rogar ao  santo Compostelán que lles abra os ollos e o corazón a este goberno que os deixou á súa sorte nunha loita, na cal, só piden poder traballar para sustentar ás súas familias.....e tamén para agradecer os apoios recibidos.

Para elo no dia de onte foron recibidos polo cura párroco de Cambados José Aldao que os apoiou en todo e axurá en todo o que esté na súa man.

Quen desexe acudir a esta peregrinación será ben recibid@.....sólo ten que anotarse.

Ao longo da semana o evento irá collendo forma.
Se queredes información do percorrido para realizar ou calquera outra consulta, tedes a información no facebook de Mulleres e homes de San Caetano e desde este blog iremos dando información de calquer novidade.


GRAZAS A TOD@S E ESPERANVOS!!!.

#mulleresdocerco #porunrepartoxusto











23 de enero de 2016

O PP DE CAMBADOS SEMPRE A REMOLQUE







Unha semana despois e cando o PP provincial (papá Pontevedra) amosou o rexeitamento a esta Lei mentras non se faga co consenso dos sectores do mar  e cando xa outros destacados membros do PP da comarca (Gonzalo Durán, alcalde popular de Vilanova á cabeza) o Partido Popular de Cambados, a través do seu portavoz Luís Aragunde, mostrou o seu apoio a unha moción proposta pola Plataforma en Defensa dá Ría de Arousa e acordada cos grupos que forman o goberno cuatripartito, na que solicitan á Consellería do Mar a suspensión da tramitación da Lei de Acuicultura de Galicia e a apertura dun período de consultas cos distintos axentes do sector que faga desta futura Lei conte co beneplácito das xentes do mar.

Luís Aragunde difundeu ese apoio ao cerco galego cunha imaxe que circula polas redes sociais e que non é a melllor imaxe que se podía facer. Xa circula tamén polas redes un "meme" desta imaxe que non é precisamente favorecedora do líder da oposición.
De paso que dá o sei apoio debería advertir a algúns dos membros que conformaban a candidatura do PP nas pasadas municipais a que pediran perdón polos comentarios feitos nas redes. Pero non atoparedes xa eses comentarios na páxina da dereita. Xa se encargan de eliminar todas as cousas que demostran o que realmente son. Segundo nos informan esta páxina publica como mínimo 2 ou 3 post diarios e agora facendo unha revisión hai dias nas que non aparece nada.  Arrepíntense das mentiras publicadas?


Pero o importante é que os representantes do cerco solicitan un reparto máis xusto das cotas, que pasen a ser por barco e tripulante, e que non se teñan  en conta criterios históricos. No reparto de cotas deben prevalecer os criterios socioeconómicos e medioambientais, sería o lóxico e o xusto se queremos ter futuro na pesca.
Decir que a acuicultura serve para preservar e consolidar os espazos naturais como tales, roza o absurdo.

Un barco comprado ou feito hai dous anos apenas ten dereito a un mínimo de capturas.

Tras 92 días de amarre da flota e 88 de acampada fronte á sé da Xunta en Santiago, a Asociación de Armadores de Cerco de Galicia (Acerga) decidiu o domingo pasado levantar ambas protestas contra o reparto de cotas do Goberno. Fíxoo nunha asemblea "dividida" e tras unha votación "apertada", segundo explicou o portavoz da asociación -que agrupa á maioría de buques do sector en Galicia-, Andrés García. Os armadores acordaron volver a faenar o vindeiro luns e desmontarán o campamento de San Caetano o domingo, tras un último "acto reivindicativo".

Unha situación económica "insostenible" e unhas negociacións "estancadas" trala reunión mantida co Ministerio de Agricultura a semana pasada, na que o secretario xeral de Pesca, Andrés Hermida, alegou estar "en funcións" para negarse a cambiar o reparto de cupos. "Creo que neste momento, con este Goberno, non temos moito máis percorrido", indicou García, polo que Acerga esperará a que se forme un novo Executivo para volver intentar chegar a un acordo. "Necesitamos saír ao mar porque levamos moito tempo amarrados e aos mariñeiros esgotóuselles a prestación por desemprego tralos ERE que tramitamos", engadiu.





20 de enero de 2016

ACORDO DE GOBERNO PARA APOIAR AS RECLAMACIÓNS DOS MARIÑEIROS DO CERCO






A Corporación Municipal, por maioría, acorda:
1º.- Manifestar o apoio do Concello de Cambados á flota do cerco e artesanal nas súas reclamacións de reparto xusto das cotas de captura das distintas especies sometidas a TACs.
2º.- Instar ao Goberno da Xunta para que reclame un cambio de modelo na xestión e no reparto das posibilidades de pesca das especies peláxicas que afecta á flota do cerco galega e a de artes menores, solicitando un reparto lineal e xuto baseado en criterios socioeconómicos (nú.m. tripulantes, …) que permitan aos barcos da comunidade galega acceder ao recurso en igualdade de condicións.
3º.- Instar ao Goberno da Xunta a que defenda aos profesionais do mar ante as decisións do Goberno central de ordenar actuacións inspectoras desproporcionadas.
4º.- Trasladar este acordo ao Presidente da Xunta de Galicia, ao Presidente do Goberno de España e ao Presidente do Parlamento Europeo; e,
5º.- Interesar ao mesmo tempo de tódolos órganismos indicados, que a pesca do xeito e da sardiña, e a do xeito accidental, sexan excluidos dos TACs.





14 de diciembre de 2015

COMUNICADO DO CONCELLO DE CAMBADOS POLA SABOTAXE QUE SUFRIRON DOUS BARCOS DO CERCO DE CAMBADOS









Dende o Concello de Cambados queremos manifestar publicamente a nosa repulsa e indignación, contra os actos de sabotaxe que por distintos Portos de Galiza están a suceder tanto nos barcos da flota do Cerco coma nos seus aparellos, producíndose na noite do 7 o 8 de Decembro unha sabotaxe nos cerqueiros de Cambados, “Capricho de Cambados” e “Capricho de Persebellos”, coa destrución dos aparellos de cerco estibadas na popa de cada barco, mediante un verquido de ácido que as queimou e que causou unhas perdas cuantiosas.                
Lamentamos profundamente que se produzan esta serie de actos que veñen prexudicar a armadores e mariñeiros que tratan de sacar adiante as súas familias, tanto os que sufriron os barcos de Cambados como os que xa sufriron outras embarcacións da flota do Cerco noutros portos galegos, e que so esta a suceder en barcos que xestionan as súas cotas de forma individualizada.

Mediante este comunicado queremos mostrar a nosa mais sincera repulsa a esta serie de actos covardes e vandálicos, e polo tanto, dende o Concello de Cambados, esperamos que pronto aparezan os culpables destes feitos e que recaia sobre eles o peso da lei, por que se trata dun feito repulsivo que por desgraza afecta directamente a 24 familias de Cambados, e que dende o Concello de Cambados queremos dar o noso máis sincero apoio nestes momentos tan difíciles que están a sufrir, así como mostrar toda a dispoñibilidade para calquera axuda que precisen por parte desta institución.

Imaxes_Faro De Vigo



21 de noviembre de 2015

MANIFESTO DE APOIO AO CERCO DO CONCELLO DE CAMBADOS








Este será un dos puntos a tratar no pleno do vindeiro xoves

MARÍA JOSEFA CACABELOS DOMINGUEZ, Concelleira do Grupo Municipal do B.N.G., e Concelleira-Delegada na Área de Medio Ambiente, Mar e Medio Rural do Concello de Cambados, en apoio ás reclamacións trasladadas por parte da Asemblea do cerco celebrada en Portosín, relativas a rexeitar o preacordo de reparto das cotas de xurelo e xarda e iniciar unha nova negociación con base en criterios equitativos, presenta a fin de que sexa tratado no Pleno que se celebrará o día 26 de novembro, o seguinte ACORDO DE GOBERNO:



Máis unha vez, a Unión Europea, a través do Consello de Ministros de Pesca -sempre co entusiasta voto favorábel do Goberno español e a conivencia da Xunta de Galiza- volvía fixar uns Topes Autorizados de Captura (TAC) claramente discriminatorios para a flota pesqueira galega. Esta decisión, non fundamentada cientificamente, pretende primar os intereses económicos e comerciais doutros estados fronte ás necesidades do sector pesqueiro galego, claramente prexudicado en todo este proceso. Trátase de regras de xogo da UE incompatíbeis coa existencia e o futuro do noso país en materia pesqueira.
O problema non é que non haxa peixe no noso litoral: haino, e ben abundante. O conflito xorde cando se lles impide pescar aos galegos e si se lles permite a outras flotas. É, en definitiva, un problema político, que precisa de solucións políticas.
Nese contexto, en decembro do ano 2013, os representantes da Xunta de Galiza xunto cos representantes do sector pesqueiro galego negociaban en Madrid o reparto de cotas no Cantábrico noroeste; entre elas, estaban especies estratéxicas para a flota do cerco  e de artes menores como a xarda e o xurelo.
No reparto que estabelece a UE do TAC da xarda,  correspóndenlle ao Estado español 29.019 toneladas para o 2014, das cales hai que descontarlle unhas 7.000 toneladas que é a sanción que esta lle impón a toda a flota por se exceder nas capturas asignadas nos anos 2009 e 2010.
No caso do xurelo correspondeulle ao Estado español un total de 16.592 toneladas, o que supón un 26% menos das que se recibiron o ano pasado de 22.409 toneladas (“marabillosa negociación”, por certo, para o Goberno galego e o ministro Arias Cañete, pois -afirmaban- é mellor reducir un 26% que un 40%),  mentres que aos vascos se lles manteñen as capturas na zona Ciem VIIIb (Golfo de Bizkaia) e  son compensados coa subida do verdel (estornino ou xarda veteada), un 30%, saíndo, máis unha vez, claramente beneficiados.
Na negociación do reparto por parte do Estado español xulgábase que a intención  era eliminar o modelo dos últimos anos, que obrigaba a terse que desprazar a frota galega a Cantabria ou ao País Vasco se querían pescar algo, pois en poucos días, esgotábase a cota. Cómpre trocar este modelo discriminatorio por outro  máis acorde coa realidade galega, que lle permita á embarcación ter dereito a un total de capturas e poder pescalo cando e onde o considerar.
Na negociación que se levou a cabo impúxose o modelo vasco, que contou coa colaboración do Goberno español e a inhibición do Goberno galego; isto é, que as capturas históricas tivesen o maior peso posíbel no reparto, comezando nun 90-10 e admitindo un preacordo onde as capturas históricas lle correspondía o 70%, e outros factores, como número de tripulantes, GT's, etc., unicamente alcanzaban o 30%.
Con este reparto a frota galega, que ten 154 barcos de cerco, correspóndelle o 24,5% das cotas de xarda, mentres que a vasca, con 53 embarcacións, consegue un 50% do total das capturas. Este criterio de reparto realizouse interesadamente a partir das capturas históricas, computándose nestas as realizadas entre os anos 2002 e o 2011. Nestes anos a pesca en Galiza estivo regulada mediante topes, non así o doutras comunidades costeiras  e coincidindo ademais cos anos onde houbo un exceso de capturas (2009 e 2010), con sanción da UE. Para alén disto, o modelo destes últimos anos xa viña prexudicando gravemente a flota galega, dado que o reparto era global e cando a xarda chegaba ás nosas augas, a cota estaba esgotada impedíndosenos pescala.
A maiores temos que lembrar que historicamente a flota vasca non pescaba esta especie. Comezou a pescala a raíz de se ter esgotado a pescaría do bocareu. No actual preacordo de reparto en función das últimas capturas históricas non se prima a quen tivo regulada as súa actividade, nin a quen pescou menos, nin a quen non se excedeu das capturas: prímase a quen se incorporou tardiamente a esta pescaría, a quen non a tivo regulada e, sobre todo, recoñéceselle como captura histórica a quen pescou de máis.
O Estado español é cómplice, mentres o Goberno galego cala, admitindo uns criterios discriminatorios, ao igual que a Unión Europea, esquecéndose dos argumentos de boa xestión pesqueira, e permitindo  uns criterios máis políticos que sociais, abocando a flota galega á miseria.
Unha vez que o sector foi consciente do prexuízo que se está a causar con este preacordo, decidiu amarrar a flota e tomar medidas para impedir esta negociación discriminatoria, pois entende que con este modelo o sector non ten futuro. A única saída a esta situación é que o Goberno español anule este preacordo e que se inicie unha nova negociación onde os criterios sexan obxectivos, isto é: debe existir un reparto lineal proporcional ao número de embarcacións, onde se prime  o número de tripulantes e os criterios de responsabilidade.


Por iso,  solicita do Pleno da Corporación Municipal, a adopción do seguinte


ACORDO
  1. Manifestar o apoio deste concello a flota do cerco e de artes menores que reclaman un reparto xusto das cotas da xarda e do xurelo.
  2. Reclamar o cambio profundo da Política Común de Pesca da UE, e a derrogación do Principio de Estabilidade Relativa, que consagra a discriminación estrutural da frota pesqueira galega.
  3. Reivindicar o exercicio pleno das competencias galegas sobre as nosas augas, eliminando as cotas de pesca fixadas desde Bruxelas no noso propio litoral.


                                                                   

18 de octubre de 2015

A FROTA DO CERCO PERMANECERÁ AMARRADA








O motivo, segundo indica o presidente de Acerga, é a "falta de viabilidade económica" que lles supón saír a faenar debido á ausencia de cotas

A frota do cerco representada por Acerga, uns 120 barcos dos 150 existentes en Galicia, permanecerá amarrada. Isto débese a "falta de viabilidade económica" que lle supón saír a faenar debido á ausencia de cotas e tras o peche da pesqueira ao sur de Fisterra decretado polo Goberno o venres.
O presidente de Acerga, Andrés García, explicou que os armadores tomaron esta decisión na asemblea convocada hoxe en Portosín e á que acudiron máis do 90% dos asociados.
"Non podemos seguir no mar porque non temos rendemento económico nin sequera para pagar os soldos da tripulación", lamentou García. Ademais engadiu que xa remataron as últimas capturas da cota de xurelo e apenas lles queda nada da de cabala.
O presidente de Acerga avanzou que o vindeiro luns cada armador entregará o rol do seu barco na capitanía marítima, como evidencia deste amarre e pedirán o apoio dos demais buques do cerco galego para que se "sumen" a esta protesta.


Fonte:TVG



22 de agosto de 2015

O SECTOR DO CERCO DISPOSTO A IR AOS TRIBUNAIS






O sector do cerco se manifestou onte.
Continúan reclamando un aumento da cota de bocarte xa que aseguran que as augas ao sur de Fisterra están cheas desta especie. Advirten que se non lles fan caso irán aos tribunais.

Os mariñeiros do cerco volveron tirar bocarte ao chan, desta volta en Portosín. Non poden vender as capturas porque esgotaron a cota, pero aseguran que nos caladoiros ao sur de Fisterra hai moita cantidade de bocarte. 

"É un bocarte que vai morrer, ten de vida tres anos pero non o podemos pescar. Non podemos darlle de comer a estas familias. Non hai dereito co que se está facendo", decía o presidente de ACERGA.

A asociación galega do cerco ve inxusto que Andalucía leve o 98% de cota fronte ao 1,14% de Galicia. Non ven as cousas igual en Asturias. Alí, os armadores critican que os barcos galegos queiran acaparar máis cota de bocarte por rematar antes de tempo a que tiñan asignada.

En Galicia insisten en que había o compromiso do Ministerio de aumentar a cota se había moito bocarte e por iso amezan con acudir á xustiza.





27 de abril de 2015

REUNIÓN DAS FLOTAS DO CERCO E ARRASTRE NA XUNTA






Os barcos do cerco terán que convence-los do arrastre para fixaren un tope diario de xurelo. A idea é que non se descarguen grandes cantidades de peixe nun mesmo día, de modo que non caian en picado os prezos.

Os donos dos barcos do cerco acordaron que, independentemente dos topes que teña cada embarcación, ninguén poida pescar máis de 5.000 ou 6.000 quilos ó día, segundo o tamaño do pesqueiro.

Pero o acordo quedou a expensas do que decidisen os barcos do arrastre, que tamén capturan xurelo. A idea é que tamén eles establezan un tope máximo de capturas, para NON inunda-los mercados.

A xuntanza entre a Xunta e os representantes das dúas frotas comezou as 11 desta mañán en Santiago.




14 de marzo de 2015

OS MARIÑEIROS PROTESTARON DIANTE DA RESIDENCIA DE FEIJÓO






Máis dun centenar de mariñeiros da frota galega do cerco volveu á rúa este sábado para denunciar que a actual repartición de cotas de especies como o xurelo, a cabala e a sardiña aboca á "ruína total" a máis de 100 barcos deste segmento, os que se agrupan en torno á asociación Acerga (que engloba ao 80% do sector). 
Un ano despois das mobilizacións protagonizadas por estes pescadores en cidades como  A Coruña, Santiago e Vigo, o escenario esta vez foi o de Monte Pío, na capital galega, ás portas da residencia do presidente da Xunta de Galicia.
Neste lugar fixeron soar bucinas, asubíos e petardos case 200 traballadores, que advirten de que repetirán a estampa de xeito indefinido cada sábado, ata que o titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, os reciba para abordar a súa problemática directamente con el, e non coa conselleira do Mar, Rosa Quintana, quen xa anunciou que os recibiría este luns xunto ao secretario xeral de Pesca.





13 de marzo de 2015

O SECTOR DO CERCO POR FIN SERÁ RECIBIDO NA XUNTA



Despois de varias peticións de reunións por fin decideu a Conselleira que era hora de entrevistarde co cerco.


A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, e o secretario general de Pesca do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Andrés Hermida, reuniranse o vindeiro luns, 16 de marzo, con representantes da Asociación de Armadores de Cerco de Galicia (ACERGA) para escoitar as propostas e peticións relacionadas co sector ao que pertencen.
A reunión, que terá lugar ás 11:00 horas na sala de Xuntas da Consellería do Medio Rural e do Mar, responde a unha solicitude da asociación e é unha mostra do compromiso da Consellería do Medio Rural e do Mar de manter diálogo cos sectores primarios para coñecer de primeira man as súas preocupacións.




3 de marzo de 2015

ANÚNCIANSE NOVAS MOBILIZACIÓNS DO CERCO






Hai quince días, a directiva de Acerga -a Asociación de Armadores do Cerco de Galicia- aseguraba que tivera que calmar os ánimos para que os armadores, reunidos en asemblea en Portosín, non optasen polas mobilizacións e se volvese ao conflito do ano pasado, con protestas cheas de altercados. Indicaban entón que preferían optar primeiro polo diálogo: pedían falar co presidente da Xunta antes de botarse á rúa. Esa reunión non se produciu. E, ademais, houbo novidades que o sector entende que «lle abocan áruína» como o borrador da repartición do xurelo que lles enviaron ou o peche decretado para a anchoa na zona IX A. Así que «a paciencia terminouse»: o cerco decidiu mobilizarse.
Asociación de Armadores do Certo tomaba esta fin de semana nunha reunión en Portosín: solicitar permiso para manifestarse o catorce de marzo. Din que os políticos lles están abocando a unha situación que rematará en desgraza.
A conselleira do Mar Rosa Quintana, de visita hoxe no Grove  pediu calma e paciencia ós mariñeiros do cerco. Que non convoquen mobilizacións sen terse antes sentado a falar. Pero é precisamente a falta de xuntanzas o que os levou esta fin de semana a decidir en asemblea solicitar permiso para organizar unha nova protesta o catorce de marzo.
Na vista realizada ao Grove, a titular de Mar apelou á conciliación e á sensatez. Di que as decisións que se tomaron en canto ás cotas de xarda foron proveitosas, e non tocante ó reparto do xurelo, co que non están de acordo os cerqueiros, Quintana di que Galicia está ben posicionada. Quintana apela a unha boa xestión dos recursos mariños e darlle un valor engadido na comercialización para aumentar os ingresos. En calquera caso incide en que a disposición da Xunta é de reunirse. 
A todo esto ninguén da Xunta recibe aos mariñeiros despois de varias peticións e non recentes precisamente.



12 de febrero de 2015

ACORDO DE MÍNIMOS PARA O CERCO GALEGO






Cada barco do cerco galego poderá pescar un tope de 3.000 quilos á semana, tras o acordo asinado este xoves en Madrid entre a Secretaría Xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio e o sector do cerco da zona do Golfo de Cádiz e do Cantábrico.
O secretario da Asociación de Armadores de Cerco de Galicia (Acerga), Alberto Castro, foi quen informou da nova e quen se queixou de que "realmente non é nada co que se pescaba hai anos, pero é o que hai".
Este xoves acordouse que as 9.000 toneladas de tope de captura de sardiña que para este ano ten España se repartirán nun 40 por cento para o Golfo de Cádiz e un 60 por cento para o Cantábrico, 3.600 e 5.400 toneladas, respectivamente.
Así as cousas, a pesqueiría da sardiña abrirá o 1 de marzo. Deste modo, cada zona deberá distribuír as súas capturas durante os nove meses que estará aberta a pesqueiría, xa que pecha en decembro, xaneiro e febreiro por veda e parada ambiental.



1 de febrero de 2015

O SECTOR DO CERCO PIDE REUNIRSE CON FEIJÓO






O sector do cerco solicitará mañá senllas reunións co presidente da Xunta e coa ministra de Pesca para buscarlle unha solución ó recorte de cotas.
O reparto do Goberno deixa a Galicia cun 25 por cento menos de xarda para este ano, a pinga que colma o vaso, din os cerqueiros, tralas reducións nas cotas da sardiña e o xurelo.

Os armadores do cerco piden reunirse con Feijóo e Tejerina para buscar unha solución ás "escasas" cotas

"A xente xa non sabe a que dedicarse, resaltou García, quen non descarta mobilizacións. "Está en risco a supervivencia do cerco", alertou. Así as cousas, explicou que os armadores están "desanimados" ante o que parece un "carpetazo" ao sector. E é que sostén que as actuais cotas son un "fracaso rotundo" que poderían levar á "desaparición do sector".


A isto súmase, di Andrés García, da Asociación de Armadores, o acoso dos inspectores, que os ameazan con fortes sancións.



8 de octubre de 2014

O CERCO GALEGO ALEGA POLA EXCLUSIÓN DE BARCOS NAS AXUDAS DE MADRID




A Asociación de Armadores de Cerco de Galicia (Acerga) presentou alegaciones á decisión do Goberno central de excluír das axudas polo paro da pesquería da sardina a ao redor dun terzo da flota galega.

Segundo figura na orde de axudas do Goberno central, para ser beneficiarios debe haber unha dependencia da pesquería da sardina "fixada por uns desembarques superiores ao 25% do total de capturas ou uns valores de desembarque da sardina superiores ao 25% do valor total de capturas comercializadas tomando como base os totais agregados no período 2007-2014".

Unha cuestión que o cerco galego rebate, xa que considera que "todo buque de cerco, con independencia das capturas ou facturación de sardina debe ser recollido nesta orde", xa que "aínda que un buque non alcance o 25% de capturas ou o 25% de facturación, está afectado".

Isto explícano porque "a escaseza de sardina fai que os buques que normalmente dedicábanse case exclusivamente a sua captura, na actualidade inciden moito mais na pesca do jurel, de tal forma que a súa cotización baixa polo exceso de oferta, separadamente de influír no consumo de cota".

A orde do Goberno tamén establece que "as axudas outorgaranse por un periodo mínimo de 20 días e máximo de 45 días de duración, realizados entre o 1 de outubro e o 30 de novembro de 2014, ambos inclusive, sempre que a parada efectúese de forma continuada".

Respecto diso, Acerga alega: "Dada a data en que nos atopamos, consideramos que o periodo de parada debe ser ampliado ata o 31 de decembro dando así mais tempo aos armadores tanto a preparar a documentación necesaria como a programar a parada".

OUTRAS ALEGACIONES

No documento de alegaciones de Acerga, tamén se recollen outras demandas como que se exima ter acendido o dispositivo VMS --de localización de buques pesqueros-- todo o tempo que dure a paralización da pesquería, xa que cre que "debe ser" Capitanía Marítima a que comprobe que os buques permanecen amarrados a porto e sen actividade.

Por outra banda, reclaman que "tanto empresas como traballadores deben quedar exentos das súas obrigacións coa Seguridade Social mentres dure a parada temporal". Ademais, dado que os técnicos cotizan máis na Seguridade Social, nesta orde de axudas "debe facerse distinción nas cuantías a cobrar entre tripulantes e técnicos".

Finalmente, a Asociación de Armadores de Cerco de Galicia alega que para que "esta medida non afecte de forma negativa na economía tanto de tripulantes como de armadores, os pagos deben realizarse dentro dos 15 días seguintes á finalización da parada, ben sexa por pago directo, ou por medio dun crédito-ponte con algunha entidade financeira avalado pola Administración".
















6 de octubre de 2014

O BNG LEVA A SITUACIÓN DO CERCO A PLENO






A situación actual da flota do cerco é moi preocupante. As principais especies que captura pasan por situacións complexas, que teñen en Bruxelas e Madrid as súas decisións moi alonxadas da realidade galega e que contamos en Galiza cun goberno que non defende os nosos lexítimos intereses.


A pesquería da xarda vese sometida a un reparto do TAC entre os países ribeireños: UE, Noruega, Islandia, Illas Feroe, Rusia e Grenlandia, onde Galiza segue condicionada pola negociación de entrada na CEE, o que posibilita que no reparto teña unha cota marxinal. Así neste último ano dun total de 1.200.000 ton. a UE correspondeulle o 49%, (611.000 ton), mentres  destas ao Estado español unha ridículas 40.000 ton., nada que ver coas 288.000 ton. de Gran Bretaña ou as 156.000 ton. das Illas Feroe.


Estas escasas 40.000 ton houbo que repartilas entre os distintos segmentos de flota e no mesmo censo entre as diferentes comunidades autónomas, aprobando o Estado español un reparto en función das capturas históricas, cando todos sabemos que nos últimos anos o Estado estableceu  un modelo de aperturas/peches que favorecía as comunidades cántabra e vasca e que pagamos unha multa por exceso de capturas, 2009 e 2010, que pescaron uns pero pagamos todos.


A regulación de topes, días, tamaños,... que ven levando a cabo a flota galega, en vez de favorecela, prexudicouna, xa que o criterio maioritario son as capturas, encontrándonos cun reparto que favorece ás grandes embarcacións e ningunea os criterios de sostenibilidade e aboca ao despezamento as pequenas embarcacións favorecendo aos grandes armadores.


A pesquería do xurelo, está a converterse na especie refuxio para permitir a supervivencia da flota. No reparto efectuado correspondeulle ao Estado español un total de 16.592 toneladas,o que supuxo un 26% menos das que se recibiron o ano pasado de 22.409 ton, mentres que as capturas da zona Ciem VIIIb (Golfo de Bizkaia), que é onde faenan os grandes barcos vascos se lle manteñen as cotas.


O estado actual do “stock” da sardiña é moi preocupante. Diversos informes científicos e as escasas capturas dos últimos anos así o veñen reflectindo, contrastándose unha ausencia notable dos reprodutores que fan predicir un futuro moi incerto, onde está en risco a recuperación da especie e a sostenibilidade do sector.


Esta situación ven sendo denunciada por parte do sector, que reclama medidas urxentes, mentres que a señora conselleira permanece ausente ou con afirmacións e medidas que nada axudan a enfrontar o problema, tales como que non lle consta que haxa escaseza de recurso, que foi ela quen reclamou a Madrid a liberalización dos topes de capturas ou recentemente que o problema da escaseza de sardiña é unha cuestión de ciclos, e que ela era optimista.


O sector do cerco viña reclamando e logrado un acordo na Comisión Sectorial do Cerco do Consello Galego de Pesca onde perfilou un Plan de recuperación da sardiña que comprendía:
  • Redución días de capturas: 4 por semana.
  • Topes: 2.000 kg por embarcación e 300 kg por tripulante.
  • Reducir as capturas de alevíns (xouba) ata un máximo de 500 kg.
  • Establecer unha veda de 5 meses de novembro a marzo; 90 días de parada biolóxica con 30 días de subvencións as tripulacións e 60 días opcionais, podendo acollerse ou renunciar e poder pescar outras especies.


O Goberno galego comprometeuse a defender este Plan diante de Madrid e trasladalo a Portugal e as outras comunidades autónomas. O nulo resultado destas xestións puidemos velo ás dúas semanas onde o Goberno español publicaba a Orde AAA/1512/2014, de 30 de xullo, pola que establece un Plan de xestión da sardiña (Sardina pilchardus) das augas ibéricas dentro das divisións CIEM VIIc e IXb, no que
unicamente establece as posibilidades de capturas en función da biomasa pero ningunha medida paliativa.


Isto trouxo consigo que unha vez esgotada a cota establecida, pecha a pesquería, sen terse adoptada ningunha das medidas reclamadas polo sector e aceptadas polo Goberno galego: redución de días de pesca, diminución de topes, proteccións dos alevíns e vedas subvencionadas. Admitindo un futuro reparto en función das capturas históricas, sen ter en conta o número de embarcacións, as tripulacións e as medidas de redución e regulación que se ven levando a cabo en Galiza dende hai máis de tres décadas


Esta nova medida aboca ao sector do cerco a unha situación sen futuro: non temos cota de xarda, a presión sobre o xurelo aumenta reducindo as cotas, e agora ante o esgotamento da sardiña o Estado español pecha a pesquería sen tomar ningunha medidas paliativa.


O Goberno central é responsable desta situación, mentres o Goberno galego cala, non demandando medidas de xestión e admitindo uns criterios de capturas históricas, discriminatorios para a nosa flota,  ao igual que Europa, esquecéndose dos argumentos de boa xestión pesqueira e permitindo  uns criterios que beneficia aos grandes armadores, abocando a flota galega á miseria.


A única saída a esta situación é que a Xunta de Galiza defenda os intereses da flota galega e inste ao Goberno do Estado a elaborar un novo Plan de recuperación da sardiña que inclúa os criterios establecidos na Comisión do cerco, con medidas que permita que a flota teña futuro, defendendo un reparto liñal proporcional ao número de embarcacións, onde se prime  o número de tripulantes e os criterios de pesca responsable.


Por iso, o BNG solicita do Pleno da Corporación Municipal de Cambados, a adopción do seguinte


ACORDO
1.- Rexeitar o actual modelo de reparto que establece a UE na pesca da xarda por ser altamente discriminatorio co Estado español.
2.- Reclamar de Madrid a modificación do actual reparto de cotas que prima o criterio de capturas históricas por outro onde sexan preponderantes os criterios  socioeconómicos e número de tripulantes.
3.- Manifestar o apoio deste concello a flota do cerco que reclaman un novo Plan de recuperación da sardiña cos criterios acordados na Comisión Sectorial do cerco do Consello Galego de Pesca, isto é:
Redución  número de días de pesca.
Reducir  topes diarios e por tripulante.
Capturas máximas de xouba, 500 Kg.
Establecer 90 días de parada biolóxica; 30  subvencionados e 60 días opcionais.

4.- Trasladar este acordo ao presidente da Xunta de Galiza, presidente do Goberno e grupos parlamentares do Parlamento de Galiza e Congreso dos Deputados.