Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta CELGA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CELGA. Mostrar todas las entradas

5 de abril de 2017

ABERTO O PRAZO PARA AS PROBAS DO CELGA











Está aberto o prazo de inscrición das probas  para a obtención dos certificados de lingua galega.
Probas para a obtención dos certificados Celga 1, 2, 3 e 4
Lugares onde se van realizar as probas:
·        Santiago de Compostela
·        Ponferrada
Para inscribirse: Presentar a solicitude (modelo ED114A) e aboar a taxa correspondente ( 15,77 €)
Prazo de presentación de solicitudes: do 5 de abril ao 4 de maio de 2017
Información:
·        DOG nº  66 do martes 4 de abril de 2017
·        http://www.lingua.gal











9 de septiembre de 2016

REMATA O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NA PROBAS DO CELGA












CELGA  
Probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2016
LEMBRA, O PRAZO de presentación de solicitudes para presentarse as probas remata o 19/09/2016.
O prazo de presentación das solicitudes e da documentación sinalada na base sexta será dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.(Prazo de presentación: 19/08/2016 - 19/09/2016)

OMIX - Concello de Cambados
Cristina Sánchez
La Merced- 1º piso
Tel. 986542663  // 673533331
Fax: 886090492









13 de julio de 2016

O SÁBADO 16 REMATA O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NOS CURSOS CELGA 2,3 E 4











A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria recorda que este sábado, 16 de xullo, remata o prazo de inscrición nos cursos preparatorios das probas de acreditación dos niveis de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4, convocados por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística no Diario Oficial de Galicia (DOG) do pasado 17 de xullo a través da Resolución do 8 de xuño de 2016, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.
As persoas interesadas en solicitalos deberán ser maiores de 16 anos, ou cumprilos en 2016, e dirixir a súa petición á xefatura territorial da provincia á que pertenza o concello correspondente presentando o modelo normalizado que figura na propia convocatoria (ED104B), dispoñible tamén na sede electrónica da Xunta de Galicia e mais no Portal da Lingua Galega.
As localidades de realización dos cursos son: na provincia da Coruña, Betanzos, Carballo, Cedeira, Cee, A Coruña cidade, Fene, Oleiros, Padrón e Vimianzo; na provincia de Lugo, Lugo cidade, Monforte de Lemos, Ribadeo, Sarria, Vilalba e Xove; na provincia de Ourense, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, A Pobra de Trives, Ribadavia, Verín e Xinzo de Limia; e na provincia de Pontevedra, A Estrada, A Guarda, Lalín, Marín, O Porriño, Redondela, Sanxenxo, Vigo e Vilagarcía de Arousa.
A segunda convocatoria
Así mesmo, a consellería informa de que, tal e como se anunciou a comezos de ano, os exames da segunda convocatoria de probas Celga de 2016 terán lugar no mes de novembro en Santiago de Compostela e mais en Ponferrada. Por niveis, os días de realización serán os seguintes: 5 de novembro, Celga 4; 6 de novembro, Celga 2; 12 de novembro, Celga 3; 13 de novembro, Celga 1.
O prazo de inscrición nestas probas de acreditación ás que se dirixen os cursos preparatorios previos abrirase este mesmo mes a través da publicación da correspondente resolución no DOG. Cómpre ter en conta que a realización dos cursos -que teñen unha duración de 70 horas lectivas- non dá en por si dereito a certificación ningunha, por tratarse de aulas preparatorias, e que é necesario superar os exames de cada nivel.
Máis información no Portal da Lingua Galega lingua.gal e nos concellos.