O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego baixou en 734 desempregados en outubro; é o seu primeiro retroceso neste mes desde 1975.
O Departamento que dirixe Yolanda Díaz destacou que, coa caída de outubro, o desemprego suma oito meses consecutivos de descensos e acumula nese período unha redución de 751.721 parados.
O número total de parados alcanzou ao finalizar o mes a cifra de 3.257.068 desempregados, a súa menor cifra desde febreiro de 2020.
Hai 159.479 afiliados máis de media á Seguridade Social e xa se superan os 19,6 millóns de ocupados.
O paro sobe en Galicia no mes de outubro
O número de parados en Galicia subiu en 991 persoas en outubro, un incremento do 0,65 % respecto ao mes anterior. O total de parados ascende a 154.045. Na comparativa cun ano antes, o paro baixa en 27.262 persoas na comunidade galega, un 15 % menos ca en outubro de 2020.
O SALNÉS
Na comarca do Salnés é xeneralizado o incremento do número de persoas en paro. Así, en Cambados, 843 (39); O Grove, 721 (26); Meaño, 283 (38); Meis, 242 (29); Ribadumia, 278 (22); Sanxenxo, 913 (118); Vilagarcía, 2891 (14); Vilanova, 548 (0) e A Illa de Arousa, 214 (3).
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.