O Concello de Cambados e o Refuxio de Animais de Cambados iniciaron hoxe unha campaña para promover a adopción de animais de compañía.
Ambas entidades acordaron a iniciativa en vista do elevado número de abandonos rexistrados no que vai de ano: máis de 300 segundo os datos da protectora.
A cifra é moi superior á dos momentos máis críticos da pandemia, cando os peches sanitarios impedían a entrada en Cambados de persoas doutros municipios.
Desde a concellería de Medio Ambiente estamos traballando para evitar os abandonos e fomentar a adopción dos Animais de compañía.
Traballamos conxuntamente co Refugio de Cambados para a protección dos animais maltratados e abandonados e mellorar o seu benestar.
COÑECES AS RAZÓNS PRINCIPAIS DO ABANDONO DUN ANIMAL?
Camadas non desexadas por falta de esterilización
Por non saber xestionar o comportamento do animal
Remate da tempada de caza Perda de interese cara o animal
Factores económicos
Alerxias provocadas da convivencia
Cambio de residencia da familia
Morte da persoa coidadora
Falta de tempo para o cuidado
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.