Un mozo de 26 anos faleceu no lugar de Fonsín, en Vilanova de Arousa, tras caerlle encima un vehículo que se desprendeu do gato que o suxeitaba. Segundo detallou o 112 Galicia, os feitos tiveron lugar sobre as 20,30 horas deste domingo, cando un particular contactou co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia ( CIAE-112) para indicar que un coche caera sobre unha persoa. Deste xeito, os xestores do 112 Galicia alertaron da situación aos servizos sanitarios, aos Bombeiros de Vilagarcía, aos axentes da Garda Civil e da Policía Local e a Protección Civil da localidade.
Tras desprazarse ao lugar, o persoal sanitario tentou salvar a vida da persoa ferida, aínda que finalmente faleceu.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.