Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

6 de noviembre de 2020

XUNTA E CONCELLO AVANZAN NA TRANSFERENCIA DA FACHADA MARÍTIMA AO GOBERNO DE CAMBADOS


A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, reafirmou esta mañá a “colaboración absoluta” do goberno galego co Concello de Cambados durante a súa primeira visita institucional a este municipio e exemplificou ese clima de entendemento ante o inminente inicio das obras de mellora do centro de saúde e do comedor escolar do colexio de San Tomé.

O goberno galego cofinancia ambas actuacións cunha aportación global de 110.000€ que permitirá realizar unha remodelación do punto médico, que a propia delegada aclarou que non interferirá na actividade asistencial ao desenvolverse en quendas de tarde e noite, e a construción do comedor escolar e dunha aula educativa na citada escola.

Ademais, na xuntanza de traballo mantida coa alcaldesa, Fátima Abal, que agradeceu a súa presenza, tratouse a posibilidade de que a Xunta acometa unha obra de separación de augas pluviais e fecais nunha zona da estrada PO-550 na saída cara Meaño e diversas cuestións vencelladas con Portos de Galicia.

Así, Luisa Piñeiro recolleu a solicitude para a posible sinatura dun convenio que permita revertir os terreos da fachada central do casco urbano en favor do Concello, xa que actualmente están en mans da autoridade portuaria, e tamén a realización de xestións para axilizar o Plan Especial de Infraestruturas entre Portos e o Concello co obxectivo de que se poida acometer a reforma da Praza de Abastos.

A representante autonómica valorou moi positivamente a reunión e amosouse convencida de que haberá un “bo ánimo de colaboración” entre ambas administracións que reafirmará o “compromiso” da Xunta con Cambados.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.