Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

23 de noviembre de 2020

SUBEN OS PACIENTES HOSPITALIZADAS EN PONTEVEDRA-SALNÉS

Coronavirus Pontevedra: 78 contaxios novos e baixan a 1.234 os casos activos A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés é hoxe a que máis contaxios suma de toda Galicia.
Baixa nunha persoa o número de casos activos na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, pero é a que máis
contagios rexistra de toda Galicia, nun luns que aínda así é mellor que o da semana pasada, cando foron 4 casos novos máis. A área pontevedresa continúa un día máis oscilando ao redor das mesmas cifras, mentres se mantén alta a incidencia en todas as súas zonas costeiras. Nas últimas 24 horas producíronse 78 contaxios novos, 1 falecemento (un home de 81 anos faleceu no Complexo Hospitalario de Pontevedra). e 78 altas, o que fai que baixen en 1 persoa os casos activos, pasando dos 1.235 de onte a 1.234 hoxe.

En Cambados volven subir os casos e pasa a ser 79, 2 máis que onte domingo.

Xa non existen os niveis de alerta municipais, e en cambio a Xunta fixo este mapa de novos casos por municipio nos últimos 14 días.


O número de pacientes hospitalizados sobe de 57 a 62 persoas, distribuídos en 55 pacientes no CHU de Pontevedra (51 en planta e 4 na UCI), 4 no Hospital Público do Salnés e 3 no Quirónsalud de Pontevedra. A área sanitaria de Pontevedra-O Salnés inclúe as comarcas de Pontevedra, O Salnés, Caldas (excepto Valga e Pontecesures), Tabeirós-Terra de Montes (salvo a Estrada) e os municipios de Marín e Bueu pertencentes ao Morrazo. Desde o inicio da pandemia tivo 5.064 casos de coronavirus, con 48 falecementos, 3.782 altas e 1.234 casos activos nestes momentos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.