Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

23 de noviembre de 2020

VECIÑOS DE CAMBADOS SOMETENSE A TESTS DE ANTÍXENOS TRALO AUMENTO DE CASOS


A situación agrávase en Cambados. Despois de varios días de crecemento continuo nos casos de covid-19 hoxe alcanzouse un triste récord: chegouse ao limiar dos oitenta positivos, seis máis que o día anterior. Así as cousas, a Xunta e o Concello decidiron tomar medidas. O concelleiro de Sanidade, Tino Cordal, anunciase dias pasados que o Sergas comezaría hoxe a facer test serolóxicos no Centro de Saúde, que se realizarán de forma aleatoria. Esta proba consiste na toma dunha mostra de sangue e permite coñecer se a persoa ten anticorpos, é dicir, se pasou a enfermidade

O Sergas trala petición do Concello, activa a realización de teste de antíxenos en Cambados ante o aumento dos casos. Para a detección temperá dos casos, o Sergas pon en marcha esta campaña no municipio. O resultado da mostra coñécese en 15 minutos e faise no Centro de Saúde e con cita previa.

O Concello aumenta a vixilancia policial na rúa e recorre ao servizo de megafonía para pedir que se cumpran as restricións vixentes.

O crecemento continuo dos últimos días nos casos de coronavirus acada cifras récord no municipio. A situación agravouse na última semana nesta vila, que suma 79 casos activos a dia de hoxe e chegou ao récord de 80.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.