Os 464 contaxios de hoxe son o 6,5% de 7.131 tests PCR, mentres que os 499 da semana pasada eran o 5,99% de 8.327 probas. Hai que ter en conta que a fin de semana pasada estaban a realizarse cribados en Ribeira e A Estrada. Na web de datos do Sergas di que nas últimas 24 horas confirmáronse 457 de COVID-19 por PCR, pero a diferenza entre o total de infectados desde o inicio da pandemia de hoxe (49.161) e o de onte (48.697) é de 464 persoas. Do mesmo xeito, os novos contaxios por área sanitaria tamén se calculan co mesmo procedemento. Nas últimas 24 horas rexistráronse en Galicia 464 novos casos de SARS- CoV-2, 5 falecementos e 609 altas, o que fai que baixen en 108 persoas os casos de coronavirus, pasando dos 8.978 de onte aos 8.828 de hoxe. O total de hospitalizados sobe en 5 persoas e pasa dos 534 de onte aos 539 de hoxe. O total de casos de coronavirus contabilizados polo Sergas desde o inicio da pandemia é de 49.161. Todas as áreas sanitarias melloran, menos Ferrol Coronavirus A Coruña: 128 contaxios novos e baixan a 1.842 os casos activos Coronavirus Ferrol: 51 contaxios novos e soben a 675 os casos activos Coronavirus Santiago: 55 contaxios novos e baixan a 975 os casos activos Coronavirus Vigo: 83 contaxios novos e baixan a 2.320 os casos activos Coronavirus Pontevedra: 51 contaxios novos e baixan a 1.235 os activos Coronavirus Lugo: 57 contaxios novos e baixan a 1.139 os casos activos Coronavirus Ourense: 39 contaxios novos e baixan a 664 os casos activos Por áreas sanitarias a mala noticia de hoxe é que Ferrol volve aumentar en casos activos tras moitos días seguidos mellorando. O resto melloran, e a máis afectada continúa sendo Vigo, que ten 2.320 casos activos (-68), seguida da Coruña con 1.842 (-12), Pontevedra con 1.235 (-7), Lugo con 1.117 (-22), Santiago con 975 (-30), Ferrol con 675 (+14) e Ourense con 664 (-25). Novos contaxios por áreas sanitarias A Coruña: 128 Ferrol: 51 Lugo: 57 Ourense: 39 Pontevedra: 51 Santiago: 55 Vigo: 83 Total: 464 O total de mortes desde o inicio da pandemia é de 1.137, cinco delas producidas nas últimas 24 horas, e un total de 518 nesta segunda onda. O total de hospitalizados é de 539, 100 na UCI e 439 en unidades de hospitalización. O total de probas PCR realizadas é de 847.998, 7.131 nas últimas 24 horas, cunha positividade do 6,5%.
Esta semana termina algo peor que a anterior, con 187 casos máis, un total de 3.798 contaxios en comparación cos 3.611 da semana do 9 ao 15 de novembro.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.