Coronavirus Pontevedra: 51 contaxios novos e baixan a 1.235 a activos.
Cambados pasa dos 80 casos activos de onte a 77, 3 menos.
A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés continúa oscilando ao redor das mesmas cifras un día máis. Coronavirus Galicia: 464 contaxios novos e baixan a 8.828 os casos activos. Poucos cambios na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, que hoxe volven decrecer e ten exactamente os mesmos casos activos que antonte. A área leva desde o 6 de novembro oscilando ao redor dos mesmos números, os 1.200 e pico casos, aínda que este domingo termina a semana con 32 casos activos menos que o anterior, cando tiña 1.267. Nas últimas 24 horas producíronse 51 contaxios novos e 58 altas, o que fai que baixen en 7 persoas os casos activos, pasando dos 1.242 de onte a 1.235 hoxe. Xa non existen os niveis de alerta municipais, e en cambio a Xunta fixo este mapa de novos casos por municipio nos últimos 14 días.

O número de pacientes hospitalizados baixa de 59 a 57 persoas, distribuídos en 50 pacientes no CHU de Pontevedra (45 en planta e 5 na UCI), 4 no Hospital Público do Salnés e 3 no Quirónsalud de Pontevedra.
Na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés que inclúe as comarcas de Pontevedra, O Salnés, Caldas (excepto Valga e Pontecesures), Tabeirós-Terra de Montes (salvo a Estrada) e os municipios de Marín e Bueu pertencentes ao Morrazo, desde o inicio da pandemia tivo 4.986 casos de coronavirus, con 47 falecementos, 3.704 altas e 1.235 casos activos nestes momentos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.