Coronavirus Pontevedra: 89 contaxios novos e soben a 1.242 os casos activosA área sanitaria volve empeorar, pero mantense nas mesmas cifras que os últimos días Continúa oscilando día a día a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, que nas últimas semanas parece instalarse nos 1.200 e pico casos, subindo e baixando dependendo do día, sen terminar de mellorar ou de empeorar. Nas últimas 24 horas producíronse 89 contaxios novos, 2 falecementos (un home de 77 anos no Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP) e utro de 86 anos de Cambados no Hospital do Salnés, aínda que este último procedía da residencia Valvanera de Cambados). e 80 altas, o que fai que suban en 7 persoas os casos activos, pasando dos 1.235 de onte a 1.242 hoxe. Non hai cambios nos niveis de alerta da área sanitaria porque a Xunta de Galicia non actualizou o mapa. Alerta nivel 3 (vermella): Cambados, Marín, O Grove, Pontevedra, Sanxenxo, Vilanova de Arousa e Vilagarcía de Arousa. Alerta nivel 2 (laranxa): A Lama, Caldas de Reis, Meis, Poio e Vilaboa Alerta nivel 1 (amarela): Bueu, Cerdedo-Cotobade, Meaño, Ribadumia e Soutomaior. O número de pacientes hospitalizados baixa de 68 a 59 persoas, distribuídos en 52 pacientes no CHU de Pontevedra (46 en planta e 6 na UCI), 6 no Hospital Público do Salnés e 3 no Quirónsalud de Pontevedra. Na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés desde o inicio da pandemia tivo 4.935 casos de coronavirus, con 47 falecementos, 3.646 altas e 1.242 casos activos nestes momentos.
Preocupante é o caso de Cambados, cando no brote do asilo quedan so media decena de persoas coa enfermidade o nivel de contaxio de Cambados non baixa senón que aumenta.
Esto pode ser debidoao grande número de alumnos dos centros de ensino do Concello, pois subiron de forma abrupta na última semana e no total cabe sinalar que hai 80 enfermos, 6 máis que onte e máis de 200 persoas en seguimento.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.