Cambados e Ortigueira súmanse desde a pasada medianoite á lista de municipios galegos que teñen vixentes restricións para tentar frear os contaxios de coronavirus. A través de dúas ordes publicadas no Diario Oficial de Galicia, a Consellería de Sanidade explica os motivos polos que o comité clínico decidiu limitar algunhas actividades nos municipios. Ademais de Ortigueira e Cambados, en Galicia hai medidas especiais para tratar de atallar a incidencia do Covid en Ourense, Santiago, Lugo e Pontevedra, Poio, Marín, Verín, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Milladoiro (Ames), O Barco de Valdeorras (Ourense), Sanxenxo e Meis (Pontevedra). Cambados O DOG detalla que o municipio se atopa na comarca do Salnés que ten unha incidencia do virus maior que a media de Galicia. Segundo o comité clínico o número de contaxios por cada 100.000 habitantes nos últimos 14 días no Salnés é 1,10 veces superior á media galega. Segundo os datos do Ministerio de Sanidade deste venres, a Incidencia Acumulada ( IA) en Galicia é de 108,02 casos polo que se infere que na comarca chega a 118,822. Na zona explica o DOG, pero sen ofrecer datos máis concretos, destacan as incidencias acumuladas de concellos como Vilagarcía, Vilanova, Meis e Sanxenxo, aos que xa se aplicaron restricións. Ademais, indica Sanidade, na comarca hai unha alta positividade entre os contactos estreitos de pacientes con coronavirus aos que se realizan PCR. Que se pode facer? En Cambados aplicaranse as restricións que xa están vixentes noutros concellos, fóra de Ourense onde son aínda máis duras e non se permiten reunións a non ser que as persoas sexan dun grupo de conviventes. Estas son algunhas das medidas que desde esta medianoite están vixentes en ambos os municipios. -Límite de reunións entre non conviventes a un máximo de dez persoas independentemente de que teñan lugar en espazos públicos ou privados. A medida non se aplicará aos conviventes ou ás actividades laborais, de formación ou outra índole. –Prohibición do consumo en barra en establecementos de hostalería e bares. No interior o aforo deberá de ser como máximo do 50% e nas terrazas do 75%. –Redución do aforo de velorios a un máximo de 25 persoas en espazos abertos e de dez en zonas pechadas. No caso dos enterros, o tope permitido será de dez persoas e, no das vodas, de cen persoas en espazos ao aire libre e de cincuenta en lugares pechados.
–A asistencia a lugares de culto acoútase/acóutase ao 50 por cento da súa capacidade. A mesma cota aplicarase a establecementos comerciais, establecementos de hostalería, albergues, hoteis e aloxamentos turísticos, bibliotecas, arquivos, museos, salas de exposición, monumentos, cinemas, auditorios, circos, centros de lecer infantil, piscinas, congresos, locais de apostas, celebración de eventos deportivos e autoescolas, entre outros. Nas terrazas da hostalería o límite é do 75%.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.