Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de octubre de 2020

O GOBERNO DE CAMBADOS CONVOCA AO BNG PARA FALAR DOS PRESUPOSTOS E AS LIBERACIÓNS

O goberno municipall de Cambados volve a intentar achegar posturas co BNG.
Por terceira vez convoca aos nacionalistas a unha reunión para debatir sobre os presupostos e as liberacións.
Así o fai neste escrito que podes leer a continuación.

"A crise económica e social que estamos a padecer, consecuencia da pandemia da Covid-19, está a provocar situacións dramáticas para moitos veciños e veciñas de Cambados. De acordo coas previsións de todos os axentes económicos e sociais esta situación empeorará nos próximos meses, afectando a un número cada vez maior de cambadeses e cambadesas, que demandarán do seu concello, en tanto que administración máis próxima á cidadanía, solucións urxentes a situacións de extrema necesidade.

Para elo, será indispensable que os próximos orzamentos que nos aprestamos a elaborar conten co maior consenso político e social posible co obxecto de dar resposta ás demandas da cidadanía nestes duros momentos, e que nos mesmos se articulen políticas sociais que axuden a paliar a dramática situación pola que están atravesando un cada vez maior número de familias cambadesas.

Por outra banda, desde o equipo de goberno municipal constatamos a dificultade de compatibilizar os nosos traballos particulares e a nosa vida familiar cos labores propios do goberno municipal e a atención personalizada á veciñanza nas dependencias do Concello que toda xestión municipal cercana e eficiente require, e que resulta máis

acuciante nestes momentos de crise cando a presencia dos concelleiros e concelleiras se fai máis necesaria para dar resposta urxente ás demandas dos veciños e veciñas que están nunha situación máis vulnerable.

Por conseguinte, o equipo municipal estima prioritario e urxente abordar a elaboración duns orzamentos municipais que de maneira obrigada terán un marcado compoñente social, e articular aquelas vías que faciliten unha relación máis fluida dos e das compoñentes do equipo de goberno coa veciñanza, coa finalidade de mellorar a atención aos nosos veciños e veciñas e incrementar a eficiencia e a axilidade da xestión municipal.

En consecuencia, o equipo de goberno municipal convoca novamente a unha reunión ao grupo municipal do BNG, a celebrar o vindeiro luns 5 de outubro ás 19:horas no salón de plenos do Concello de Cambados, coa máxima disposición para consensuar aquelas propostas que axuden á cidadanía cambadesa nestes momentos de crise provocada pola pandemia, mediante a súa participación na distribución dos fondos

procedentes do Plan Concellos ou da inclusión nos orzamentos das partidas económicas necesarias para implementar as medidas programáticas que o BNG considere de interese para o noso Concello.

Así pois, o equipo de goberno municipal queda á espera de que o grupo municipal do BNG acepte esta convocatoria"

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.