Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

18 de agosto de 2020

HOSTELEIROS DE PONTEVEDRA LAMENTAN QUE SE CRIMINALICE O OCIO NOCTURNO

A Asociación de Hostaleiros Empresarios de Pontevedra ( Hoempo) fixo público un comunicado no que expresa o seu “profundo descontento” polo peche da hostalería nocturna, pola redución de horarios do resto da hostalería “e polas formas de facelo efectivo”, engaden. Desde o colectivo insístese en que nos últimos tempos está a “criminalizarse” ao lecer nocturno polas actitudes “irresponsables” de determinadas persoas, “persoas identificables e facilmente sancionables”, inciden. Pero lamentan que, pola contra, “foi máis fácil cargar contra unhas empresas que en marzo foron as primeiras en decidir pechar as portas antes do anuncio do confinamento obrigatorio, que despois foron as últimas en poder retomar actividade, e sobre as que se cebaron normativas radicais e sumamente detractoras da rendibilidade dos negocios”. Para os empresarios é “inxusto e irrazonable” que agora se obrigue ao peche total a locais que poden ter terraza “e que á beira unha cafetería está aberta” ou que se permita a celebración de concertos ou eventos deportivos “que si condensan público e persoal de asistencia”. Insisten desde Hoempo en que “os hostaleiros da noite servimos copas, pero tamén facemos de policías nos nosos locais, controlamos e facemos cumprir as normas aos nosos clientes” e que, fronte a iso, cos peches “van proliferar as festas privadas e botellóns en pisos, casas… sen ningún tipo de control nin medidas de prevención que si que van carrexar un serio problema sanitario e social”. Os empresarios piden máis diálogo porque, aseguran, o peche “fíxose unilateralmente, sen arroxar luz sobre o futuro inmediato das empresas” e “sen ter indicios reais de que a hostalería nocturna estea a ser un foco transmisor”, aseveran. Compostela.- En termos parecidos exprésase a Asociación de bares, pubs e discotecas de Compostela, que advirte da situación de “inseguridade xurídica” que está a sufrir un sector “que en todo momento asumiu con responsabilidade e profesionalidade todas as medidas sanitarias que nos impuxeron, e que son as máis estritas e restritivas”. Os empresarios composteláns inciden en que os seus establecementos “son espazos seguros”, feito que argumentan cos datos sanitarios da área de Santiago desde a apertura do lecer nocturno polo que non descartan emprender accións legais. O colectivo advirte de que a imposición do peche sine die “supón para o sector un dano dificilmente reversible que supoñerá o peche definitivo de moitos establecementos e as consecuentes perdas de emprego”.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.