Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

30 de julio de 2020

A DEPUTACIÓN ABRE A INSCRICIÓN PARA A PRIMEIRA "DEPORUTAS BTT" QUE PERCORRERÁ CAMBADOS

Enmarcada na programación Vive Deporte, coa que a Deputación de Pontevedra invita á cidadanía a gozar este verán dunha ampla oferta de actividades deportivas sostibles, este mércores 29 de xullo a institución provincial xa ten aberto desde esta mañá o prazo de inscrición para a primeira das dúas "DepoRutas BTT" previstas, que percorrerá o concello de Cambados o día 23 de agosto.
As e os interesados en participar nesta primeira ruta en bicicleta poderán inscribirse a través da web www.depo.gal ata completar o límite de 200 prazas ata o 17 de agosto, ás 12 horas. Unha vez completadas as prazas, abrirase unha lista de agarda de ata un máximo de 50 persoas. Ás persoas participantes se lles confirmará a asistencia a través da web www.depo.gal coa publicación da lista definitiva, e vía SMS, co programa "Depo Informa".
No caso das e dos menores de idade, deberán ir acompañados e en caso de familias con varias crianzas será suficiente cunha persoa representante ou titora por familia. A ruta –que inclúe os avituallamentos– estará sinalizada e as persoas participantes deberán seguir o itinerario e ritmo marcados pola organización. Será rigorosamente obrigatorio o uso de casco protector durante todo o percorrido. Despois desta marcha, a segunda das "DepoRutas BTT" programadas pola institución provincial terá lugar o 13 de setembro en Ponteareas, e o prazo de inscrición será do 24 de agosto ao 7 de setembro.
O obxectivo desta iniciativa da Deputación é fomentar o deporte á vez que se pon en valor os montes da provincia, a súa riqueza natural, ecolóxica e patrimonial. O programa está dirixido a todas aquelas persoas maiores de 16 anos (persoas, grupos ou familias) que gocen do deporte en contacto coa natureza e aposten por actividades sustentables.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.