A Concelleira de Réxime Interior e Persoal, Cruz Leiro e a Alcaldesa, xunto coa técnico de persoal, un delegado sindical e o Secretario do Concello, mantiveron onte unha reunión cos técnicos de prevención e seguridade no Salón de Plenos do Concello para planificar a volta ao traballo de xeito presencial dunha forma segura tanto para a cidadanía que acude ao Concello como para a plantilla municipal.
Nesa reunión abordáronse temas tan importantes como o funcionamento correcto da cita previa para evitar aglomeracións innecesarias, retirada de mobiliario para ampliados espazos, colocación de mamparas, habilitación de espacios para a espera, control de aforo desde a porta principal das diferentes instalacións municipais para acceder aos edificios, así como medidas de protección individual da plantilla municipal, tanto para os de oficinas como os que traballan na rúa, métodos de desinfección adecuados e antivirucidas homologados polo Ministerio, medidas especiais de protección a aquelas persoas cunha maior vulnerabilidade ( maiores de 60 anos principalmente) e tamén algún outro caso de patoloxías previas.
Tamén se falou sobre as portas abertas ou pechadas, mobiliario poroso, bandas de separación no chan para a espera, reforzo na limpeza de instalacións, sobre todo se se traballa a turnos, e a realización de probas de detección tanto do IGM como o IGG, non dos PCR, para os traballadores que están en activo antes da incorporación progresiva dos seus compañeiros e compañeiras.
Este regreso ao traballo se producirá de xeito progresivo a partir do paso á Fase 1. Empezase por Rexistro presencial.
-Tamén para seguir conciliando coa vida familiar xa que non existe incorporación aos colexios
-Facilitaranse horarios especiais para os casos en que esta medida sexa solicitada polos traballadoros/as, tanto para descendentes como dependentes ao seu cargo
Tamén se tratou a apertura de centros de día, para a que non hai data e na que moitos dependentes necesitan atención continuada, polo que hai que facilitar tamén esa conciliación para os empregadas/os, dado que se trata dun grupo de risco
Despois da reunión nos visitaron xunto co técnico de prevención as distintas instalacións do concello incluida a de servicios sociais, para ver as necesidades e medidas a tomar en cada unha delas, tanto de protección individual como das modificacions estructurais a levar a cabo. Nesa visita participou persoal do departamento de obras.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.