Mantense por terceiro día consecutivo libre de pacientes con coronavirus a Unidade de Coidados Intesivos de Montecelo.
A día de hoxe a área sanitaria Pontevedra e O Salnés ten un total de 160 casos activos de coronavirus, cinco máis que o onte e a pesares das dez persoas curadas desde onte. Esto fai que haxa 15 pacienttes máis diagnosticados coa enfermidade.
Segundo o Servizo Galego de Saúde, hoxe mércores hai 156 pacientes que evolucionan no seu domicilio e catro ingresados en planta. Dous de estes pacientes están no Hospital Montecelo, un no Hospital do Salnés e outro en QuirónSalud Domínguez. Os mesmos datos que na xornada de onte martes
O número de pacientes dados de alta desde o comezo da pandemia na área Pontevedra-Salnés é de 634, 10 máis como apuntamos anteriormente. Tamén faleceron desde esa data 16 pacientes.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.