Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

25 de abril de 2020

UN DÍA MÁIS AUMENTAN OS CASOS DE CORONAVIRUS NA ÁREA PONTEVEDRA-SALNÉS


Sigue aumentando o número de enfermos na área sanitaria Pontevedra-Salnés.
No día de hoxe hai 18 pacientes máis tras confirmarse 20 casos máis e duas altas nas últimas horas. A día de hoxe hai 568 casos activos de coronavirus por 550 do día de onte.
Polo que respecta a persoas ingresadas, hai 31. 
 26 están ingresados en planta, catro deles no Hospital do Salnés (dous máis que onte) e un (mantense o número) en QuirónSalud Miguel Domínguez e o resto 21 (un menos que onte), no Hospital Montecelo.
O número de pacientes ingresados en UCI é de 5 todos no H. Montecelo manténdose a cifra durante varios días.
Os enfermos que pasan nos seus fogares a enfermidade son 537, o que indica que son dazasete máis que onte cando eran 520.
O número de falecidos mantense un días máis en 15, 3 deles da Comarca do Salnés e déronse 155 altas desde o principio da epidemia, 2 nas últimas horas como indicamos anteriormente.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.