Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

25 de abril de 2020

ROTA A TREGUA DE ONTE, VOLVE A DISPARARSE O NÚMERO DE MORTES

Unha muller de 88 anos e un home de 92 faleceron no vigués Chuvi, mentres que tamén perdeu a vida unha muller de 95 en Povisa, tamén en Vigo. Todos tiñan patoloxías previas. O número de mortos é xa de 515, 11 no día de hoxe. Esto supón un repunte con respecto a onte e menos que o xoves (15) e iguala ao mércores.
Pola mañán o SERGAS comunicara o falecemento de 8 persoas máis.
Tres novas mortes en hospitais e 5 en Residencias este sábado, trátase de dúas mulleres de 90 e 83 anos, respectivamente, que estaban ingresadas no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense ( CHUO) e dun home de 92 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC). Tiñan patoloxías previas. As 5 persoas falecidas onte en centros residenciais, 1 foi da residencia Concepción Arenal (A Coruña), 1 de DomusVi Matogrande (A Coruña), 1 do centro residencial Portazgo (A Coruña), 1 da residencia As Fragas (Pontedeume) e 1 de DomusVi Cangas. Estas vítimas no reconto oficial aparecen sempre no dia seguinte.
Por áreas, rexistráronse 111 mortes na área sanitaria da Coruña, 79 na área de Vigo, 79 na área sanitaria de Ourense, 62 mortes na área sanitaria de Santiago, 23 na área de Ferrol, 25 na área de Lugo e 15 na área sanitaria de Pontevedra.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.