Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de abril de 2020

MELLORAN OS DATOS DA ÁREA SANITARIA PONTEVRA-SALNÉS

Segundo o balance da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, este sábado hai 432 casos activos na área sanitaria Pontevedra-O Salnés. Esto é 7 casos máis que no dia de onte . O mellor dato da semana, onde houbo días de 11, 12 ou 32 casos como o de onte. 
Outro dato positivo é o de número de altas. No día de onte na área sanitaria 56 persoas foron dadas de altas hospitalaria, 17 delas foron prescritas na xornada de onte venres. 
Este sábado hai un total de 99 pacientes ingresados nos hospitais da área sanitaria. Deles, 81 están hospitalizados en planta, 14 menos que onte venres. Tamén se reduciu a actividade na UCI, pois este sábado hai 18 pacientes que evolucionan nesta unidade especializada, fronte aos 19 de onte venres.
Do total de ingresados, 13 están no Hospital do Salnés, o mesmo número que un día antes, i en Montecelo e 86, 4 máis que o venres. O resto de casos confirmados están no seu domicilio, un total de 333.
Desde que empezou esta pandemia faleceron nesta área sanitaria 9 pacientes, ningún nas últimas 48 horas. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.