O Ministerio de Sanidade fixo públicos, actualizados ao 23 de abril, os datos de probas diagnósticas realizadas polas Comunidades Autónomas. Neles, Galicia figura como o sexto territorio que máis probas de PCR, o diagnóstico máis fiable para a detección do coronavirus, realizou por cada 100.000 habitantes, cunha cociente de 30,09, case á vez que Madrid (30,50), e só superada por País Vasco (33,02), Cantabria (33,61), Asturias (33,75) e A Rioxa (56,91). A media nacional sitúase en 28,51. A comunidade galega cae á oitava posición cando se incorpora o número de test rápidos realizados, xa que mentres que outras autonomías empregáronos para a detección de positivos desde que empezaron a recibir as mostras por parte do Goberno, Galicia limitou estas probas ao seu estudo epidemiolóxico. Algo que fai que moitas persoas teñan que agardar 3 ou 4 días para facer a proba a pesares dos síntomas. A esto hai que sumar 2 ou tres días para coñecer os resultados. Total, case unha semana para saber si alguén dá positivo ou non por coronavirus.
A Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE) elaborou un informe no que sitúa a España entre os dez primeiros países do mundo que máis probas do novo coronavirus realizan, e destaca a importancia de realizar estas probas para a definición das estratexias de confinamento e a redución dos riscos de novos brotes.
España realiza 28,6 tests por 1.000 habitantes, mentres que a media europea sitúase no 22,9.
En concreto, España sitúase no posto oitavo na clasificación elaborada pola OCDE, o cal o lidera Islandia (134,9), seguido de Luxemburgo (64,6), Estonia (36,9), Lituania (36,6) Israel (30), Italia (29,7) e Suíza (28,8). Por detrás dos españois atópanse Noruega (28,5), Austria (25,9), Dinamarca (25,3), Letonia (25,2) ou Alemaña (15,1).
Á cola sitúanse México (0,4), Xapón (1,8), Grecia (5,8), Hungría (6,6), Polonia (7,4), Chile (8,1), Francia (9,1), Suecia (9,4), Reino Unido (9,9), Turquía (10,7), Países Baixos (11,3), Corea (11,6), Eslovaquia (13), Finlandia (14,4), Estados Unidos (15,6), Bélxica (17,8) ou Canadá (18,4), entre outros.


No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.