O número de persoas falecidas con coronavirus en Galicia ascende ata as 538 (412 en atención hospitalaria e 126 en centros xeriátricos), trala morte de 8 persoas no día de hoxe. Polo que baixa a cifra de mortes diarias tralo triste dato de onte.
Os últimos 5 falecidos son dúas mulleres de 89 anos e 93 anos, e un home de 73 anos que estaban ingresados no CHUS compostelán; e un home de 83 anos e unha muller de 90 anos que estaban ingresados no CHUO. Todos eles tiñan patoloxías previas, fóra da falecida no CHUO, informa o Sergas.
Pola mañán morreran un usuario na residencia DomusVi do barrio vigués de Barreiro e dous falecidos en centros hospitalarios. Unha muller de 73 anos que estaba ingresada no CHUO e un home de 81 anos que estaba ingresado no Hospital do Barbanza. Os dous tiñan patoloxías previas, informa o Sergas.
Por áreas, rexistráronse 113 falecidos na área sanitaria da Coruña, 83 na área de Vigo, 83 na área sanitaria de Ourense, 69 mortes na área sanitaria de Santiago, 24 na área de Ferrol, 25 na área de Lugo e 15 na área sanitaria de Pontevedra.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.