Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

26 de abril de 2020

CAMPAÑA DÍA DA NAI DE CAMBADOS ZONACENTRO

A asociación Cambados Zona Centro e o Concello de Cambados poñen en marcha unha campaña de dinamización con motivo da celebración do Día da Nai que se celebra  o vindeiro domingo 3 de maio.
As entidades organizadoras queren agradecer a colaboración e a afouteza dos cidadáns nestes momentos de incerteza, lembrándolles que o comercio de proximidade está unido fronte a esta adversidade que supón o coronavirus, e mantense á espera da reapertura dos nosos establecementos unha vez conclúa esta situación de alarama.
Para elo, poñemos en marcha a campaña #agasallomama, que se celebrará integramente en redes sociais, entre o 26 de abril e o 3 de maio, e que seguirá os seguintes  pasos:
1.- Aquelas persoas que desexen participar deberán realizar unha manualidade, debuxo, fotografía ou vídeo, co motivo da celebración do Día da Nai.
2.- Deberán compartir a súa creación a través das redes sociais, acompañando a súa publicación do hasthtag #agasallomama
Entre todos os participantes sortearanse 225€, repartidos en tres vales compra, (100, 75 e 50€) para ser consumidos no comercio e hostalería local. O sorteo realizarase o luns 4.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.