Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

26 de abril de 2020

CAMBADOS PON EN MARCHA UNHA APP PARA COMUNICARSE DIRECTAMENTE COS VECIÑOS

Achegar de forma directa e rápida a información municipal aos cidadáns. Con este obxectivo o Concello de Cambados vén de poñer en marcha unha aplicación para comunicarse cos veciños. Este sistema denomínase TockApp e as persoas interesadas poden subscribirse a el dándose de alta a través do móbil ou ben dende a páxina web https://tokapp.com
Unha vez activada a aplicación, o usario vai poder recibir información no seu móbil do Concello de Cambados. Un dos grandes retos do Concello é conseguir que a xente se entere de todo o que facemos. En determinados departamentos xa creamos grupos de correo electrónico pero queríamos ir un pouco máis alá. De feito a eses grupos xa se lle vai enviar unha invitación para que activen esta nova aplicación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.