Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

22 de abril de 2020

AUMENTAN OS CASOS NA ÁREA PONTEVEDRA-SALNÉS PERO BAIXAN NAS UCI´s


Segue descendendo o número de pacientes ingresados nas Unidades de Coidados Intensivos (UCI´s) de Pontevedra e O Salnés.
Logo dos datos ofrecidos por  Sanidade, hoxe mércores, hai 6 persoas afectadas polo Covid-19 na área sanitaria que evolucionan na UCI, o que supón unha menos que onte e tres respecto ao luns.
Ata 33 persoas seguen hospitalizadas debido ao virus, é decir, unha menos que onte.
Sube o número decasos en relación a onte pasando de 515 a 520 de hoxe. Polo que o número de afectados sitúase en 520. Hai 27  hospitalizados (dous máis) en planta en Montecelo, O Salnés (1) e o QuirónSalud Miguel Domínguez (1) que manteñen os datos de onte. Polo tanto 487 están a pasar a enfermidade nos seus fogares. Onte prescribíronse prescribíronse 3 altas hospitalarias situando a cifra de recuperados nos 149.
Desde o inicio da pandemia faleceron na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés 15 pacientes. a cifra incrementouse coa morte no día de hoxe dun home de 68 anos, con patoloxías previas, no Hospital de Montecelo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.