No Concello de Cambados prepáranse para cando o estado de alarma permita abrir as portas do consistorio, probablemente a mediados de maio, e entón xa será cando comece a funcionar a nova terminal de control de temperatura que se instalará na porta principal para o control de quen entra no edificio. Así o describía Tino Cordal, Concelleiro de Seguridade, que explicaba como estará situado. "Nas portas automáticas de cristais da entrada principal do Concello de Cambados. Se alguén presenta unha temperatura por riba do normal esas portas de cristais non van abrir. Tamén haberá algunha persoa, algún traballador ou traballadora do Concello que velará en todo momento por que non se produzan ningún tipo de actuación non acorde coa legalidade".
A cámara ten unha capacidade de recoñecemento facial dun máximo de 50.000 persoas. Esta é só una das medidas en marcha e que se completa con equipos como un cañon de ozono para a desinfección, un sistema de descontaminación portátil para vehículos e todas as dependencias municipais.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.