Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

16 de abril de 2020

7 MORTES EN HOSPITAIS ELEVAN OS FALECIDOS CON COVID EN GALICIA A 412

O falecemento de 7 persoas en hospitais e outras 3 en residencias (das que xa informamos anteriormente) elevou a 412 o número de vítimas mortais do coronavirus en Galicia (317 en hospitais e 95 en xeriátricos), segundo os datos que comunicou este xoves a Consellería de Sanidade. Así, as autoridades sanitarias informaron este xoves da morte dun home de 90 anos que estaba ingresado no Hospital Comarcal de Valdeorras (Ourense); dous homes, de 65 e 74 anos de idade, que estaban hospitalizados no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC); dúas mulleres de 87 anos de idade e un home 82 anos, que estaban a ser atendidos no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago; e unha muller de 89 anos que faleceu no Complexo Hospitalario de Ferrol. Coa morte destas sete persoas, todas elas con patoloxías previas, segundo Sanidade, o número de falecidos con COVID nos hospitais galegos ascende a 317. Así, faleceron 95 persoas en hospitais da área sanitaria da Coruña, 63 na área de Vigo, houbo 60 mortes na área de Ourense, 45 falecidos na área sanitaria de Santiago, 21 en Ferrol, outros 21 en Lugo e 12 falecidos na área de Pontevedra.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.