Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

16 de abril de 2020

MÁIS ALTAS QUE NOVOS CONTAXIOS NA ÁREA PONTEVEDRA-SALNÉS


Boas novas na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, baixa o número de afectados totais. Dos 505 pacientes activos de onte pasa a 501 enfermos. Esto quere decir que hai 4 enfermos menos ca onte.
Esto prodúcese gracias as 13 altas prescritas onte e a que tan so 9 persoas foron diagnosticadas coa enfermidade. O que fai que 136 persoas superaron a enfermidade dende o inicio da pandemia.


Segundo o Servizo Galego de Saúde, 40 persoas permanecen hospitalizadas na área sanitaria, fronte aos 52 do mércores. O número de pacientes en UCI mantense igual, 11, pero descenderon os que están en planta. 
Hai 29 hospitalizados en planta, 5 no Hospital do Salnés, igual que onte, e o resto no Hospital Montecelo, 24, 23 menos que onte. 461 casos están en domicilio, 8 máis.
Nesta área sanitaria tampouco se rexistraron novos falecementos, manténdose en 12 o número de vítimas mortais. Cuarto día consecutivo sen lamentar novas mortes na nosa área. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.