A xornada arrinca coa noticia do sexto falecemento pola pandemia de coronavirus en Galicia. Trátase dun home de 89 anos, con múltiples patoloxías complexas previas, que estaba ingresado no Hospital de Monforte (Lugo), segundo informou esta mañá o Servizo Galego de Saúde.
En canto á nova que publicábamos onte, podemos asegurar que se confirman os casos do matrimonio de Cambados ademáis outras dúas persoas están en observación pois témese que tamén estén contaxiados.
En Vilagarcía hai entre o persoal do centro de saúde San Roque hai polo menos tres contaxiados e dous casos atópanse en estudo.
Con estes casos a comarca chega a decena de enfermos por coronavirus confirmados e outros tanto en estudo.
Meis- 1
Vilagarcía- 5
Cambados- 2
A Illa- 2

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.