Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de marzo de 2020

AUMENTA CONSIDERABLEMENTE O NÚMERO DE AFECTADOS NA ÁREA SANITARIA PONTEVEDRA-SALNÉS


A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 567, deles 152 son da área da Coruña, 46 da de Lugo, 63 da de Ourense, 83 da de Pontevedra, 108 da área de Vigo, 94 da de Santiago, e 21 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 19 permanecen en UCI, 137 están en unidades de hospitalización e 411 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 5 altas de pacientes e 6 falecementos. O último falecido foi un varón de 89 anos, con múltiples patoloxías complexas previas, que estaba ingresado no Hospital de Monforte.
Seguindo instrucións do protocolo de comunicación do Ministerio de Sanidade, só se actualizarán os datos unha vez ao día.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
Uso do 061 para casos graves e emerxencias, e o 900 400 116 para dúbidas
A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.
Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía unha páxina web (https://coronavirus.sergas.gal), na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.
Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, que vén de ser reforzado con máis persoal, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número, pódense resolver todas as dúbidas dos cidadáns ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.

ESPAÑA
O coronavirus avanza. Xa son case 20.000 os infectados en todo o Estado e, en tan só 24 horas, as mortes eleváronse a 1.002 . O Estado de Alarma é, por tanto, algo máis que necesario e deberase seguir obrigatoriamente para non propagar máis o virus. En Madrid, o País Vasco e Cataluña, por exemplo, a pandemia é máis que evidente e as súas cifras superan todos os prognósticos. Casos positivos por coronavirus en España: 19.980 Madrid: 7.165 País Vasco: 1.465 Cataluña: 3.270 A Rioxa: 497 Comunidade Valenciana: 1.105 Andalucía: 1.287 Castela e León: 1.147 Canarias: 287 Castela-A Mancha: 1.044 Aragón: 360 Cantabria: 144 Asturias: 344 Baleares: 203 Estremadura: 297 Galicia: 578 Navarra: 554 Murcia: 215 Melilla: 24 Ceuta: 5 Casos falecidos en España: 1.002 Comunidade Valenciana: 33 (Valencia, Castelló e Alacante) País Vasco: 71 (Biscaia, Áraba, Guipúscoa) Madrid: 628 (Madrid) Aragón: 17 (Zaragoza, Teruel) Cataluña: 82 (Barcelona, Xirona, Lérida e Tarragona) A Rioxa: 7 (Logroño) Estremadura: 10 (Cáceres) Asturias: 3 Baleares: 3 (Mallorca) Castela-A Mancha: 42 (Albacete, Ciudad Real, Conca, Toledo, Guadalaxara) Castela e León: 43 (Salamanca, Burgos, León, Soria, Segovia, Valladolid, Ávila, Zamora) Andalucía: 30 (Sevilla, Málaga, Xaén, Granada) Canarias: 4 (Gran Canaria, Tenerife) Galicia: 6 (A Coruña, Pontevedra) Navarra: 6 Cantabria: 1


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.