Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
15 de febrero de 2020
MAÑÁN PECHA O CICLO DE TEATRO INFANTIL E FAMILIAR
Este Domingo, día 16 de Febreiro, vaise representar a cuarta das obras programadas no ciclo de teatro infantil e familiar deste 2020 no Concello de Cambados no que colabora a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
Con esta representación remata o ciclo por este ano.
“A NENA E O GRILO MÁIS ALÓ”, da compañia Magín Blanco é a encargarda de poñer o broche final ao exitoso ciclo que encheu o auditorio domingo a domingo.
A nena e o grilo esmagan sen querer á súa amiga Xertrude a araña… Buscando un xeito de devolverlle a vida atópanse cuns artistas ambulantes que os guiarán a travs da maxia e da música ao país dos mortos onde tentarán atopar a Xertrude para traela de volta. A Nena e grilo máis aló é unha historia divertida e evocadora que nos transporta ás buscas máis insólitas. Un espectáculo músico/teatral con Magín Blanco e con motivo do proxecto cultural Sonoro empeño. Dirixido a público infantil, a partir de 3 anos, esta última entrega de «A nena e o grilo» achéganos outra volta unha divertida aventura na busca das cousas máis insólitas... Que pasa logo da morte? O musical infantil máis aclamado do panorama galego chega de novo aos teatros con esta última creación de Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos.
Mañán domingo ás seis da tarde ao auditorio A Xuventude. O prezo é de 3,50 euros e de 2,50 euros en tarifa reducida para menores de 18 anos, xubilados, pensionistas e parados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.