A embarcación 'Punta Roncadoira' dos efectivos da Xunta de Galicia localizou o corpo sen vida do tripulante da planeadoira afundida o pasado martes nas inmediacións da Illa de Ons, en Pontevedra. Segundo confirmaron fontes de Salvamento Marítimo, a embarcación, que participaba no operativo de procura, atopou o cadáver no mediodía deste venres despois de catro xornadas de rastrexo.
Tras días de procura por terra, mar e aire, o corpo apareceu entre Ou Centulo e Torre de Camouco. Foi localizado a uns 20 metros de profundidade polos mergulladores, tal e como confirmaron desde Salvamento Marítimo.
Traballaban na zona efectivos de Salvamento Marítimo e do Servizo de Gardacostas de Galicia. Igualmente, durante estas xornadas contouse coa axuda dos membros do GES de Sanxenxo, do Servizo Local de Protección Civil do Grove e de Ribeira, do GES de Muros, do vixiante do Parque Nacional das Illas Atlánticas e dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.