Comeza en Vilanova de Arousa a cuarta edición do coworking do Salnés con 16 proxectos empresariais vinculados á industria, á alimentación e ao turismo
Un total de 19 emprendedores desenvolverán, entre outras, iniciativas de comercialización de aceite, produción vitivinícola e servizos medioambientais para o sector alimentario
Nos próximos días tamén darán comezo as accións de formación e asesoramento no resto dos dez espazos apoiados pola Xunta en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI)
A consellería de Economía, Emprego e Industria, en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI), pon en marcha desde hoxe a cuarta edición do coworking do Salnés, en Vilanova de Arousa, no que participan os promotores de 16 proxectos empresariais que recibirán formación, asesoramento e titoría durante os próximos cinco meses para desenvolver as súas iniciativas.
As actividades dos 19 emprendedores -16 mulleres e 3 homes- que participan na aceleradora do Salnés enmárcanse no sector agroalimentario e os servizos á industria e o turismo e a hostalaría. Así, entre as iniciativas, inclúense proxectos de comercialización de aceite de oliva premium, produción vitivinícola de autor, oferta de servizos medioambientais no eidos da alimentación e albergues de uso turístico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.