Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

12 de febrero de 2020

ALERTA SANITARIA POR PRODUTOS LÁCTEOS SEN GARANTÍAS


Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (AESAN) informa dunha serie de incumprimentos graves detectados nun control oficial realizado na empresa Lácteos Casa Macán S.L., o que non permite garantir a seguridade dos produtos alí elaborados.
Como consecuencia desta actuación, os servizos veterinarios de Saúde Pública da zona veterinaria de Lugo da Consellería de Sanidade suspenderon cautelarmente todas as actividades da industria e interviron todos os produtos existentes na empresa láctea, ademais de ordenar a retirada das canles de distribución de todos os produtos comercializados.
Están afectados por esta alerta todos os lotes dos distintos produtos de Casa Macán como manteiga cocida de vaca, queixo D.O. Arzúa Ulloa, queixo D.O, Tetilla, queixo D.O, Arzúa Ulloa curado, queixo barra Costeño e queixo galego en rebanadas.
Recoméndase ás persoas que teñan estes produtos que non os consuman e os devolvan ao punto de compra.
Segundo a información dispoñible ata o de agora, estes lácteos foron distribuídos en Galicia, Cataluña e Castela-A Mancha.
 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.