Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
30 de enero de 2020
SEGUNDA ENTREGA DE TEATRO INFANTIL E FAMILIAR DO CONCELLO DE CAMBADOS
Este Domingo, día 2 de Febreiro, vaise representar a segunda das obras programadas no ciclo de teatro infantil e familiar deste 2020 no Concello de Cambados no que colabora a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
Trátase de “MAI MAI” da compañia Baobab Teatro.
Sinopse:
É a historia do último Oso Panda do planeta e a súa loita por sobrevivir, a falta de comida e os problemas ocasionados polo quentamento global fan difícil a supervivencia desta especie. Unha muller emprendedora e moi revolucionaria e un famoso fotógrafo comezan unha viaxe por separado para atopar o último Panda do planeta, toda unha aventura na que se atoparán unha chea de problemas que solventar…. Unha historia tenra e moi divertida onde se mestura o amor, a codicia, o éxito e a concienciación medioambiental. Unha historia que fala de revolución, que plasma o empoderamento da muller e nos fará meditar sobre o que estamos a facer co noso planeta.
Vídeo presentación da obra
Nesta ocasión Baobab Teatro conta cos actores Óscar Ferreira, Xosé Manuel Esperante e da actriz Andrea Bayer que serán os encargados da parte actoral, deseño de son e iluminación Daniel Abalo, na dirección Óscar Ferreira, a escenografía Óscar Ferreira e José Manuel Vidal, Proxección Ana Tasende, Voz nena Sofía Fernández Pérez e o guión Andrea Bayer.
No auditorio municipal A Xuventude as 18:00 horas. O prezo é de 3,50 euros e de 2,50 euros en tarifa reducida para menores de 18 anos, xubilados, pensionistas e parados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.