O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, asistiu hoxe en Vilagarcía de Arousa á presentación do programa integrado de emprego da Mancomunidade do Salnés que impulsará a empregabilidade de 100 persoas que se atopan no paro. Estaban presentes no acto os alcaldes e alcaldesas de Vilagarcía, Meis e Cambados, Alberto Varela, Marta Giráldez e Fátima Abal xunto ao xerente da Mancomunidade do Salnés, M. Guinarte.
A celebración desta iniciativa nestes concellos permitiu, nos últimos anos, chegar a 700 persoas cun apoio de 2M€ cunha media de inserción anual de entre o 80 e o 85%.
O programa, de carácter multisectorial, abrangue formación en eidos como actividades auxiliares de almacén, lingua estranxeira profesional para a xestión administrativa na relación co cliente; ou rexistros contables, entre outros. Esta formación complementarase con coñecementos básicos de carácter transversal, ademais de prácticas laborais, prospección de empresas e intermediación laboral, así como acceso a bolsas de asistencia e medidas de conciliación. Conta cun obxectivo de inserción do 45%.

Casal explicou que Galicia está desenvolvendo 46 programas integrados cun investimento de máis de 10,5M€ para 4600 desempregados e desempregadas e o compromiso de acadar unha inserción do 35%. Ademais, insistiu na aposta pola formación que representa unha prioridade para a Xunta, ben para persoas ocupadas ou ben para desempregadas, co obxectivo de crear máis e mellor emprego para toda a Comunidade e de contar cunha Galicia máis preparada, obxectivo ao que se prevé destinar, durante este ano 2020, máis de 260M€.
Para rematar, o director xeral salientou a importancia de adaptar as cualificacións aos perfís profesionais que precisan as empresas para competir, crecer e xerar emprego de calidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.