Ao fío das 20:00 horas da tarde pasada, o persoal do servizo de Gardacostas de Galicia informaba ao 112 Galicia da saída do helicóptero Pesca1 para facer unha evacuación moi preto de Vilagarcía, ao norte da Illa de Arousa. Se trataba de evacuar aos tripulantes dun veleiro que sufrira una vía de auga e que tamén a embarcación Auxiliar Sebastián Docampo se desprazaba ao punto.
Tras ser informado o persoal de Salvamento, confirmaron que os tripulantes xa foran evacuados pola Auxiliar, todos eles en bo estado e que non precisaban asistencia sanitaria.
O 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento dos axentes da Policía Local.
Aquí podes vero o vídeo https://twitter.com/i/status/1210720744746840064
"A pasada tarde-noite os compañeiros do ‘Pesca 1’ evacuaron aos tripulantes do veleiro ‘Nergha’ ata a embarcación auxiliar do ‘Sebastian de Ocampo’ de @salvamentogob. A embarcación de recreo embarrancou fronte a costa de A Illa de Arousa. Os seus tripulantes están fóra de perigo pic.twitter.com/dG5paVcg3T
— Gardacostas Galicia (@GardacostasGal) December 28, 2019 "

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.