Un home que circulaba pola PO-550, avenida de Castrelo casi no final da ponte sobre o Umia dirección Cambados, nunha motocicleta clásica acompañado doutros moteiros resultou ferido.
Era preto das 10.30 hrs desta mañán cando se produceu a colisión na que se veu implicado un turismo, que saíndo dun cruce próximo a ponte arrollou á motocicleta. Como consecuencia da colisión, o condutor da motocicleta J.D.P. de 59 anos sufreu feridas nunha perna, posible fratura de tibia e peroné. O ferido foi trasladado ao Hospital do Salnés pola ambulancia do 061. Na intervención participaron membros do Grupo de Emerxencias de Cambados, Ambulancia do 061 e a Policía Local.


No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.