Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3 de diciembre de 2019

AS MENTIRAS DA XUNTA SOBRE A NAVE DE PEÑA E OS VECIÑOS DENUNCIANTES




Nesta segunda parte imos a demostrar de novo, que a Xunta de Galicia a través do seu ente, Portos de Galicia, minte unha vez perxudicando gravemente ao concello de Cambados e polo tanto a os cambadeses e cambadesas.

Según a DEUP feita por Portos de Galicia en 2014 o Pabellón de Exposicións de Peña está dentro dos usos Complementarios do Porto.
E nos usos Complementarios a propia DEUP inclue os usos de Ócio, polo que estarían a contradecirse na súa apreciacións sobre como é utilizada a nave de Peña por parte do Concello.
A desculpa para non renovar a concesión de Peña ao concello de Cambados é que o Concello utiliza o Pabellón de Exposicións para usos que non permite a DEUP.



http://www.portosdegalicia.gal/es/web/portos-de-galicia/delimitacions-aprobadas

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2014 pola que se aproba o documento da delimitación dos espazos e usos portuarios do porto de San Tomé-Tragove2014_04_DEUP Cambados


Reproducimos aquí literalmente o prólogo desta resolución.


A) ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA PORTOS DE GALICIA
RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2014 pola que se aproba o documento da delimitación dos espazos e usos portuarios do porto de San Tomé-Tragove. 

A Área de Explotación e Planificación Portuaria do ente público Portos de Galicia redactou e tramitou o documento de delimitación dos espazos e usos portuarios do porto de Santo Tomé-Tragove, instalacións portuarias situadas no termo municipal de Cambados, na provincia de Pontevedra, e adscritas ao ente público para a súa xestión. Este documento foi redactado de acordo coa súa formulación prevista no artigo 69 do texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado mediante o Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro (Boletín Oficial del Estado núm. 253, do 20 de outubro), aplicable ao dominio público portuario competencia da Comunidade Autónoma de Galicia en defecto de lexislación autonómica propia. 

Na reunión do Consello de Administración de Portos de Galicia que tivo lugar o día 23 de xullo de 2014, este acordou dar a súa conformidade á delimitación dos espazos e usos portuarios do porto de Santo Tomé-Tragove, segundo o disposto no artigo 13.e) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo, polo que se aproba o Regulamento do ente público, modificado polo Decreto 83/2002, do 28 de febreiro, e o referido artigo 69 do texto refundido, así como elevalo e propoñelo para a súa aprobación. 

Unha vez vistos o expediente e o informe-proposta da xefa da Área de Explotación e Planificación Portuaria do 18 de xullo de 2014 que conta coa conformidade do director de Portos de Galicia, así como o acordo do Consello de Administración de Portos de Galicia do 23 de xullo de 2014 dando a conformidade á delimitación dos espazos e usos portuarios do porto de Santo Tomé-Tragove e elevándoo e propoñéndoo para a súa aprobación, o presidente do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, por delegación da conselleira do Medio Rural e do Mar conferida por Orde do 30 de marzo de 2012, 

RESOLVE: 
Aprobar o documento da delimitación dos espazos e usos portuarios do porto de Santo Tomé-Tragove (Pontevedra), na súa versión asinada en abril de 2014 polos enxeñeiros de camiños, canles e portos Andrés Cervantes Refojos, como xefe do Departamento de Planificación Portuaria, por Ana Isabel Calzadilla Bouzón, como xefa da Área de Explotación e Planificación Portuaria, e por Iñaki Cubillo Bueno, da empresa consultora Eptisa, e a súa memoria ambiental resolta pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental. 

Firmada en Santiago de Compostela, o 30 de xullo de 2014 por José Juan Durán Hermida  naquel momento Presidente de Portos de Galicia.

Neste enlace tes todos os documentos públicos para que poidas comprobar como a Xunta non di a verdad.
 http://portosdegalicia.gal/documents/10627/36418/DEUP+Cambados_Memoria_1.0.zip?fbclid=IwAR1kFxplymwS6Ru2H2MOUzm2ti-JacuIB8PjrvDjno3-LNOPn91OJBJWwxo

A continuación poñemos varios extractos deste documento e imaxes das mesmas.

"En el puerto de Santo Tomé, se destinan a usos complementarios todas las zonas no destinadas a usos náutico-deportivos o infraestructuras básicas, entre las que se sitúan las superficies destinadas a instalaciones de hostelería, centro de salud, estación de autobuses, Instituto Social de la Marina y el Centro Museístico y Pabellón de Exposiciones, así como la franja de paseo marítimo situada entre Fefiñáns y el muelle en T y entre el Centro Museístico y la playa de Santo Tomé. Además, se incluye en el área la zona comprendida entre el paseo marítimo y la Avenida de Galicia (PO-550), en la que se ubican diversos edificios (plaza de abastos, protección civil, etc.)."


No punto 3.3.5. 



Uso complementario 
"De acuerdo con el artículo 72 del TRLPEMM, en el dominio público portuario se permitirán los usos complementarios o auxiliares de los usos portuarios comerciales, pesqueros y náutico-deportivos, incluidos los relativos a actividades logísticas y de almacenaje y los que correspondan a empresas industriales o comerciales cuya localización en el puerto esté justificada por su relación con el tráfico portuario, por el volumen de los tráficos marítimos que generan o por los servicios que prestan a los usuarios del puerto. Por lo tanto, en las áreas a las que se asigna este uso se prevé el desarrollo de cualquiera de las actividades complementarias a las portuarias necesarias para el correcto funcionamiento y desarrollo del puerto, tales como almacenes, construcción y reparación naval y sus suministros, efectos navales, transformación y manipulación de la pesca, depuración de moluscos, avituallamiento, comercial y distribución, ocio y hostelería, aparcamiento, etc."



O punto 4.5. 

ÁREA PARA USOS COMPLEMENTARIOS 
"4.5.1. Extensión del área 
Se asigna este uso al área que bordea la zona pesquera en la zona portuaria de Tragove, en la que se localizan las estaciones de procesado y depuración de marisco y la nave de Portos de Galicia, así como los edificios de departamentos (excluyendo los situados en la edificación de la lonja). Incluye la rampa de varada y la explanada anexa al mismo, donde se ubican las instalaciones auxiliares para mantenimiento de embarcaciones. En el puerto de Santo Tomé, se destinan a usos complementarios todas las zonas no destinadas a usos náutico-deportivos o infraestructuras básicas, entre las que se sitúan las superficies destinadas a instalaciones de hostelería, centro de salud, estación de autobuses, Instituto Social de la Marina y el Centro Museístico y Pabellón de Exposiciones, así como la franja de paseo marítimo situada entre Fefiñáns y el muelle en T y entre el Centro Museístico y la playa de Santo Tomé. Además, se incluye en el área la zona comprendida entre el paseo marítimo y la Avenida de Galicia (PO-550), en la que se ubican diversos edificios (plaza de abastos, protección civil, etc.)."



Na lista de concesións outorgadas pola Xunta e nomes das persoas as que lle son concedidas a Nave de Peña aparece como nave destinada a museo e pavillon de exposicións sin determinar relación algunha co mar ou a Pesca.

O memo uso que se lle outorga por parte de Portos á Nave de Peña dáselle tamén ao Paseo da Calzada, ou a zona de Mercado, polo que calquera pode denunciar esta situación e tanto o mercado como a Festa do Albariño terían que desaparecer de eses puntos históricos.



Que a Xunta non se "enterara" en 8 anos de nada e agora queira achacar aos veciños unha denuncias amosa o nivel. Esas "denuncias" so sirven para ocultar que tras este maltrato actual está a Xunta e non o traballo do Concello, antes co PP e agora coa esquerda na nave de Peña. Porque estes usos non don de hai 4 anos, desde que abreu se ten feito de todo neses espazo. Pero é agora cando din que está mal.

A derradeira palabra téndela vos.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.