O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe o nomeamento dos 241 aspirantes seleccionados na última oferta pública de emprego da categorías de médico de familia de atención primaria. Ademais se recolle o nomeamento de 18 postos no grupo de xestión da función administrativa; 9 de grupo técnico da función administrativa; 7 de enxeñeiro técnico; e 6 de técnico superior en documentación sanitaria.
Na nosa comarca serán destinados a Vilagarcía, Cambados, Sanxenxo, O Grove e Ribadumia case unha vintena de médic@s que ata agora estaban en situación de interinidade ou novas prazas en sustitución de outros que se xubilan ou cambian de destino.
Os aspirantes nomeados disporán do prazo dun mes, a contar desde o día seguinte ao da publicación desta Resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse á praza adxudicada. O prazo finaliza o 12 de decembro próximo.
A falta de incorporación no prazo referido, cando sexa imputable ao interesado e non responda a causas xustificadas, producirá o decaemento do seu dereito a obter a condición de persoal estatutario fixo como consecuencia do concreto proceso selectivo.
Non entanto, en casos de forza maior, e por instancia do interesado, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde poderá prorrogar o prazo de toma de posesión.
Con esta publicación declárase finalizado o proceso de concurso-oposición para estas categorías.
Podes consultar aquí a lista de médic@s.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.