- O xoves 14 de Novembro, no Auditorio da Xuventude de 10 a 13 horas tera lugar a 5ª edición das Xornadas de Emprendedores de Cambados
- Intervirán representantes de Abanca, o Igape, e a asociación de comerciantes Zona Centro e haberá unha mesa redonda con emprendedores que relataran a súa experiencia.
Cambados, 11 de Novembro de 2019. A Concellería de Promoción Economica que dirixe a edil, Carolina Laya, organiza unhas novas xornadas, e van cinco edicións, co fin de fomentar a cultura do emprendemento empresarial. A cita será o día 14 de Novembro no auditorio da Xuventude, de 10 a 13 horas. Esta convocatoria inclúe charlas e unha mesa redonda, coas que se pretende dar aos asistentes as claves para poñer en marcha un negocio.
Intervirán representantes de Abanca, o Igape, e a asociación de comerciantes Zona Centro co fin de explicar, respectivamente, as nocións básicas sobre a concesión dos microcréditos, as axudas institucionais, o acceso ás novas tecnoloxías e as vantaxes que ofrece o asociacionismo. E catro emprendedores: Ruben Outeda da empresa Versos da Ruda, Cristina García da empresa Algas La Patrona, Nuria Daporta empresaria del sector de la moda e Xoel Dios, emprendedor no mundo da realidade virtual, CEO en Xoia Software Development Augmented Reality & Virtual Reality; que relatarán a súa experiencia á hora de poñer en marcha o seu propio negocio en campos tan dispares como a alimentación, a moda e o comercio e mesmo a realidade virtual. As xornadas son de asistencia libre e gratuíta e, a priori, xa está comprometida a presenza de 70 alumnos de ciclos formativos do instituto Francisco Asorey, e outros dezaoito do obradoiro de emprego para mozos, Cambados Emprendedor.
Todos aqueles que están pensando en emprender un negocio en Cambados, teñen unha cita no Auditorio da Xuventude este xoves, coa V Edición das Xornadas de Emprendemento, unha actividade que se organiza dende a área de Promoción Económica do consistorio cambadés e coa que se pretenden achegar a todos aqueles que pensan en emprender máis información sobre que é o que deben facer ou a onde deben acudir para conseguir máis información.
Toda información é pouca se o que está en xogo é o seu futuro, por iso este tipo de iniciativas informativas non sobran e son moi ben valoradas pola comunidade. Dende o concello consideran moi efectiva estas xornadas que neste ano xa van pola 5ª edición.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.