Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
29 de noviembre de 2019
O CONCELLO DE CAMBADOS DISPÓN DUNHA NAVE DE 4 MILLÓNS DE EUROS QUE NON PODE UTILIZAR
A propósito do tema que onte publicábamos sobre o Salón Multiusos de Peña, so cabe decir que a xestión do PP naquel momento foi unha chapuza, unha máis das que fixo en Cambados e que agora estamos a pagar de novo.
Cambados precisaba e precisa dun auditorio de calidade e tamaño acorde co número de veciños e que servira tamén como lugar para albergar actos en días no que o tempo o impedise facer ao aire libre.
O mellor lugar que se dispoñia era o vello campo de fútbol da Merced.
Pero eses terreos serviron para pagar os caprichos musicais dos melómanos populares.
Unha vez especulado cos terreos, vendéronse por unha miseria, que adelgazou un chisco a lista de débedas contraídas por contratar grandes concertos que resultaron un auténtico fiasco económico as arcas municipais. A cambio fíxose o auditorio da Xuventude que a todas luces queda pequeno para albergar certos actos e logo dispúxose da nave da antigua fábrica de Peña para albergar todo tipo de eventos aínda que segundo Portos de Galicia, no eran para celebrar nese recinto, posto que nada tiñan que ver co mar e a pesca. Esto descubrímolo onte trala reunión entre concello e Portos.
Cabe suliñar que a concesión comezou contar desde o 18 de novembro do ano 2004 e rematou días pasados. Desde setembro o Concello ven de pedir a prórroga da concesión e a Xunta non contestou. Onte na reunión fíxoselle saber aos edís cambadeses que non se ía prorrogar. O Salón Multiusos foi inaugurado oficialmente o 25 de marzo do 2011. Sete anos tardaron en reformar a fábrica para convertila no que é hoxe en día. E aínda se queixan, desde o PP, da tardanza nas obras da nova Plaza de Abastos, na que a entes dependentes da Xunta van a paso de tartaruga. Daquela os dous governos (Xunta e Concello) máis a Deputación, estaban copados polo PP e o governo central estaba presidido por Rodríguez Zapatero. O Governo en Madrid concedera a Cambados máis de 500.000 euros do presuposto en Cultura que destinou a esa obra.
Pero todo esto cobra máis importancia despois de escoitar no pleno ao lider da oposición que Cambados tiña unha nave. Si sí, unha nave no polígono Sete Pías, valorada en 4.000.000 de euros máis unha deuda da empresa á quen se lle concedeu esa nave de máis de 300.000 euros. Presumía de ter aumentado o patrimonio dos cambadeses... cunha nave!!!
E si non se cobran eses cartos?
E si esa nave queda sen alugar?
Como se recuperarán eses cartos?
Pero non pasa nada todos contentos, o patrimonio de Cambados conta cunha nave, que sabe Deus para que será utilizada. Porque polo de agora non se pode facer uso dela porque o asunto está en mans dos tribunais.
Pois agora cando as inclemencias do tempo así o requiran os nenos de Cambados poden ir a visitar aos Reis Magos, A NAVE.
Cando no Entroido chova, podemos celebrar os festivais ou concursos, NA NAVE.
Cando Zona Centro queira facer un desfile ou calquer acto, xa saben que teñen, A NAVE.
Cando o Refugio de Animais organice un acto benéfico, sabe que conta, coa NAVE.
Cando un clube organice unha festa para recadar cartos para a súa maltreita economía ten A NAVE.
Cando calquer grupo folclórico organice un serán ou un magosto sabe que ten que facelo, NA NAVE.
2 comentarios:
A xestion do PP co asunto da de Peña non foi unha mala xestion, si eles seguiran governando Portos de Galicia non diria nada e poderiase usar para o que quixeran o problema e que governan outros ( tranquilos Luis xa o arranchara)
Toño, o malo é que todos sabemos como está a traballar a Xunta con Cambados e aínda todo segue a ser votado.
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.