Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

29 de noviembre de 2019

TRES PERSOAS PRESENTAN SÍNTOMAS DE INTOXICACIÓN NA ILLA A CAUSA DA MALA COMBUSTIÓN DUNHA CALDEIRA

Tres membros dunha mesma familia presentaron esta madrugada síntomas de intoxicación polo gas que desprendeu unha caldeira, posiblemente, a causa da súa mala combustión.
Os tres afectados, nada mais apreciar os síntomas, acudiron polos seus propios medios ao Hospital do Salnés.  De feito,  sobre as 03:00 horas desta madrugada,  os mesmos sanitarios deste centro daban conta dos feitos ao 112 Galicia. Indicaban que os afectados residen nun edificio de tres plantas situado na Rúa de Ribeira do Chazo e cabía a posibilidade de que houbese mais persoas afectadas, posto que, todo o edificio se abastecía do mesmo gas.
Así, o 112 Galicia avisou de inmediato aos Bombeiros do Salnés, aos axentes da Garda Civil e da Policía Local. Do mesmo xeito puxo en alerta ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e ao persoal da empresa subministradora do gas que abastece ao edificio.
Unha vez no punto e tras facer as correspondentes medicións no resto das vivendas, que deron negativas, os bombeiros confirmaron que ningún outro veciño resultara afectado, polo que procederon a ventilar o edificio.
Os técnicos da empresa subministradora do gas encargáronse da revisión do funcionamento da caldeira.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.