Esta tarde produciuse un aparatoso accidente de circulación na estrada VG-4.3 no punto quilométrico 2.800 ao seu paso por Cambados.
Unha muller veciña de Pontecesures resultou ferida no suceso, despois de que o coche no que viaxaba saíse da vía polo costado esquerdo e mesmo chegase a envorcar, segundo relatan o Servizo de Emerxencia do Concello de Cambados.
Ata o lugar dos feitos acudiron efectivos do 061, Policia Local de Vilanova, Bombeiros do Salnés e Emerxencias de Cambados.
A muller foi evacuada en ambulancia ao Hospital do Salnés con dor cervical e lumbar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.