Unha fuga de gas nun sumidoiro obrigou esta tarde a desaloxar, por precaución, ás vivendas da Rúa de Manuel Murguía, en Cambados.

Unha vez no punto e despois de facer as correspondentes medicións, que deron negativas, os Bombeiros confirmaron que as persoas desaloxadas xa volveran ás súas vivendas.
OUTRAS INCIDENCIAS

Unha moza de 18 anos, resultaba ferida minutos antes das 15.00 horas deste mércores ao sufrir un accidente de tráfico na PO-307, cando circulaba pola ponte da Illa de Arousa.
A parte dianteira do vehículo sufriu danos importantes e a moza, C.P.C., de 18 anos foi trasladada ao Hospital do Salnés para ser atendida polos servizos médicos. Ata o lugar trasladábanse efectivos de Protección Civil, ademais da Garda Civil de Tráfico.
Esta xornada na que as choivas tiveron unha importante presenza rexistráronse con diversos accidentes nas estradas das Rías Baixas, en concellos como Ribadumia ou Cambados, sen feridos de gravidade, segundo alertan desde os servizos de emerxencias.

Unha saída de vía en Ribadumia, un accidente na avenida de Castrelo (Cambados).
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.