A Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía de Ribadumia, centro
dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL-EVEGA), organiza a seguinte acción formativa dentro do “Plan de Formación Continua no agro galego 2019”, para a súa próxima impartición.
- Elaboración de viños e derivados (35h), do 16 de outubro ata o 31 de
outubro, en horario de 19:00-22:00 horas.
DESTINATARIOS
Titulares, cotitulares e familiares que traballen en explotacións agrarias
(preferentemente vitícolas); traballadores por conta allea que traballen en explotacións agrarias (preferentemente vitícolas); socios ou empregados de asociacións con personalidade xurídica do ámbito agrario (preferentemente vitivinícola); mozos e mozas que desexen incorporarse ó sector agrario ou continuar coa súa formación no sector agrario e en xeral persoas que desenvolvan actividades relacionadas coa viticultura.
PROGRAMA
16 outubro 19:00-22:00h
“A uva. A vendima. Recepción da uva na adega”.
A maduración, síntese e evolución dos principais compostos da uva. Mostraxes e
índices de maduración. Determinación da data de vendima. Prego de condicións
da DOP Rías Baixas. Recolección, transporte da uva. Recepción na adega e controis da colleita. Trazabilidade e APPC na adega.
Luis Quinteiro González (Enxeñeiro Técnico Agrícola)
17-18 outubro 19:00-22:00h
“Equipamento, procesos e técnicas de elaboración de viños brancos”.
Tipos de envases e bombas de trasfega, escangallado-estrullado, a maceración,
prensado, o desfangado, a fermentación alcohólica e lévedos, a fermentación
maloláctica, trasfegas, clarificación, filtrado e embotellado. Controis, seguimentos dos procesos e prevención das alteracións enolóxicas.
Susana Pérez López (Licenciada en Enoloxía)
21 outubro 19:00-22:00h
Tipos de envases e bombas de trasfega, escangallado-estrullado, a maceración, e inicio da fermentación alcohólica, remontados e bazuqueo, escurrido e prensado, a fermentación maloláctica, trasfegas, clarificación, filtrado e embotellado.
Controis, seguimentos dos procesos e prevención das alteracións enolóxicas.
Susana Pérez López (Licenciada en Enoloxía)
22 outubro 19:00-22:00h
“Elaboración de viños especiais: Escumosos, rosado e doces”
Descripción dos precesos e técnicas para súa elaboración.
Ma José Graña Caneiro (Tecnóloga Especialista AGACAL-EVEGA)
23 outubro 18:00-22:00h
“Prácticas laboratorio: determinacións analíticas na elaboración”. Determinación
de parámetros de vendima (pH, Azucres, Acidez). Medicións con refractómetro e
densímetro. Determinación da densidade mosto e dun viño. Determinación da
acidez, anhídrido sulfuroso libre e total en viño. Interpretación boletín de análise.
María José Graña Caneiro (Tecnóloga Especialista AGACAL-EVEGA)
25 outubro 19:00-22:00h
“Introdución á cata de viños”. Condicións e técnicas da cata: fase visual, olfativa e gustativa. Vocabulario. Ficha de cata. A Denominación de Orixe Rías Baixas:
características. Cata de viños da D.O. Rías Baixas
Juan Carlos Vázquez Abal (Técnico da Consellería do Medio Rural- (AGACAL-
EVEGA)
28-29 outubro 19:00-22:00h
“Taller de recoñocemento dos compostos do viño.
As Denominacións de Orixe Protexidas e IXP galegas, características. Cata de
viños das distintas zonas de produción.
Viños de outras zonas de España, características. Cata de viños das distintas
zonas de produción. Cata viños rosados, escumosos e doces.
Mercedes González Rodríguez (Sumiller. Experta en Análise Sensorial)
30 outubro 19:00-22:00 h
“O marketing do viño”
A función do sumiller. A conservación do viño, servizo e maridaxe.
Mercedes González Rodríguez (Sumiller. Experta en Análise Sensorial)
31 de outubro 18:00-20:00h
18:00-19:00h Proba de avaliación
e desinfección. Prácticas en adega”.
Instalacións e maquinaria da adega. Aplicación de tratamentos enolóxicos.
Emprego de frío e gases inertes. Procedementos de limpeza e desinfección.
María José Graña Caneiro (Tecnóloga Especialista AGACAL-EVEGA)
OBXECTIVOS
Coñecer o marco legal que regula o sector vitivinícola e da DOP Rías Baixas
Coñecer os principais compostos da uva e súa evolución na maduración.
Coñecer os procesos e técnicas de elaboración de viños.
Identificar os puntos de control críticos na elaboración de viños( APPC).
Manexar a maquinaria e equipos da adega.
Aprender o mecanismo da cata, as súas ferramentas e desenvolvemento.
Diferenciación das características dos distintos tipos de viños das D.O de Galicia.
Valorización das castes tradicionais producidas en Galicia e de outras zonas.
Diferenciar as cualidades e defectos dun viño por alteracións na súa elaboración
Fundamentos básicos da análise química dos viños.
Esta formación de carácter gratuíta, está dirixida a todas as persoas interesadas e vinculadas co sector agrario. Para poder participar nas mesmas, requírese cubrir unha solicitude polo interesado na Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía de Ribadumia, no horario de 9:00 a 14:00h.
O prazo estará aberto dende o 1 de outubro ata o 15 de outubro.
Para máis información, chamar o seguinte número de teléfono 886 159410 /
886159412/ 886159413, no horario de 9:00 a 14:00 horas.
Estación Exp. de Viticultura e Enoloxía de Ribadumia
Rúa Leiromean, 4 - 36635 Ribadumia. (Pontevedra)
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.