Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

30 de julio de 2019

UN INCENDIO PROVOCADO EN CORVILLÓN DEIXA UNHA VIVENDA MOI DANADA

O incendio rexistrado a primeira hora desta mañá, nunha vivenda na parroquia de Corvillón, en Cambados, foi provocado pola filla dos propietarios da vivenda.
Así o recoñeceu a propia autora que se inculpou do sucedido tras personarse
voluntariamente no Cuartel da Garda Civil de Cambados.


O incendio comezou pouco antes da sete da mañá e arrasou a planta baixa e unha habitación do piso superior da vivenda, que sufriu importantes danos estructurais.
Nese momento encontrábanse no interior da casa os propietarios, un matrimonio duns 80 anos, que puideron sair polos seus propios medios.
A muller duns 50 anos foi detida e está acusada de dous homicidios en grao de tentativa por provocar o incendio que supuxo danos estruturais na vivenda unifamiliar propiedade dos seus pais.
Un incendio provoca danos estruturais importantes nunha vivenda unifamiliar da parroquia cambadesa de Corvillón.
De momento, descoñécese a orixe do lume cuxos efectos obrigaron a apuntalar a planta baixa e unha habitación do piso superior.
Por fortuna, ninguén resultou ferido, aínda que a vivenda estaba ocupada cando se produciu o incendio. Así o indicaron os veciños que chamaron ao 112 Galicia minutos antes das sete desta mañá para pedir axuda despois de escoitar berros de auxilio.
Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, solicitouse a intervención dos Bombeiros do Salnés e dos membros do servizo local de Protección Civil para apagar un lume que arrasou por completo a planta baixa da casa e unha habitación situada no piso superior. Ademais, os danos ocasionados polo incendio obrigaron aos membros do operativo a apuntalar as zonas afectadas.
Á parte dos equipos de extinción, traballaron no lugar os axentes da Garda Civil co fin de coñecer as circunstancias nas que se produciu o lume.

O Concelleiro de Servizos Sociais do Concello de Cambados, Tino Cordal, explicou que o departamento xa xe puxo a disposición da familia afectada na busca dunha alternativa.














No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.