Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

30 de julio de 2019

INVESTIGADAS 6 PERSOAS DE RIBADUMIA E CAMBADOS POR MILLEIRO DE DOSES DE COCAÍNA


A Garda Civil detivo tres persoas en Ribadumia aos que sorprenderon en posesión de preto dun milleiro de doses de cocaína. 

Segundo informa o instituto armado, un dos tres é o responsable dunha vivenda, situada no lugar de Barrantes, en que mantiña unha actividade de venda e distribución de drogas.

Xunto con estes tres detidos, outras tres persoas quedaron en situación de investigadas por un suposto delito contra a saúde pública.

A investigación desta operación, denominada "Oreo", comezou a finais do ano pasado cando o propietario da vivenda denunciou que sufrira un roubo con violencia e intimidación no seu domicilio por parte de dous individuos encapuchados, que lle levaran unha importante cantidade de cartos.

A raíz deste suceso, a Garda Civil, descubriu que esta persoa, de 39 anos de idade, se dedicaba á venda de droga tanto no seu domicilio como en varios establecementos das zonas de ocio de Sanxenxo e Cambados.
No rexistro realizado no seu domicilio, os axentes atoparon preto dun milleiro de doses de cocaína, 3.600 euros en efectivo e unha importante cantidade de elementos e medios utilizados para a preparación e manipulación de substancias estupefacentes.

A operación concluíu co desartellamento da trama que cooperaba con el, integrado por outras cinco persoas, todos eles veciños de Cambados e Ribadumia, e a incautación de catorce teléfonos móbiles e dous vehículos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.